Máis obras de Jiro Taniguchi na Biblioteca: MI AÑO

Capucine acaba de cumprir oito anos. É unha nena como as demais  excepto por unha “pequena” diferenza: Capucine ten trisomía 21, tamén coñecida como Síndrome de Down. O malo é que non ten as características físicas típicas deste trastorno. Por esta razón, a xente non entende por que é “tan distinta”.  A primavera será unha época de cambios na vida de Capucine, xa que verá florecer de súpeto moitos problemas que ata entón non eran máis que xermes.

Entre un colexio público que a rexeita, unha tía gravemente enferma, unha familia preocupada e uns pais a piques de explotar, Capucine terá que aprender a xestionar ela mesma os seus problemas e os dos demais. En metade de toda esta tormenta, atoparase con que só ten dúas cousas que ofrecer: o seu amor e o seu xeito “extraordinario” de ver o mundo.

Deixar un comentario

Arquivado en Cómics

Deixar un comentario