Desde hoxe Cervantes xa dá nome a unha estrela, e Quijote, Rocinante, Sancho e Dulcinea aos catro planetas que a orbitan. A proposta cervantina resultou vencedora no concurso NameExoWorlds da Unión Astronómica Internacional (IAU) no que se votaron propostas de todo o mundo para nomear 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos.
Arquivo da categoría: Xeral
Este venres 20 rematamos as clases
Recordamos a tod@s @s lector@s do Leliadoura que revisedes se tedes libros ou cine da biblioteca para devolver aínda que non o recordedes.
Podedes traelos durante toda a vindeira semana e tamén poderedes levar para as vacacións.
O venres haberá un festival-romería despois do segundo recreo para todo o mundo. Podedes traer empanadas, pasteis, …
Arquivado en Xeral
IES Leliadoura: un centro cheo de artistas
Unha das características do noso centro é a cantidade de arte plástico, musical e visual que se realiza en cada curso. Algunha mostra do arte plástico permanece con nós ao longo dos anos, como as columnas, aulas pintadas, …..
Agora imos poñer só unha pequena mostra das actividades plásticas que se realizaron neste curso 2013-14:
Nota: en preparación
Arquivado en Xeral
Receta para un bo curso académico
Ingredientes:
- un profesor ou profesora
- 20 ou 25 alumnos e alumnas
- un aula
- 1/2 litro de auga
- 1/2 litro de empatía
- 400 grs de paciencia
- 300 grs de comprensión
- 250 grs de psicoloxía
Preparación:
Colla ao profesor ou profesora e póñao unhas horas en remollo en 1/2 litro de auga e 1/2 litro de empatía. A continuación escúrrao e séqueo ben. Faga un sofrito con 400 grs de paciencia, 300 grs de comprensión e 250 grs de psicoloxía. Engada ao profesor ao refrito e déixeo reposar unhas horas.
Saque aos alumnos e alumnas do paquete, quítelles as gorras, os móbiles, os MP4 e calquera outro dispositivo que poida agriar a mistura. Arranque de raíz a mala educación, as actitudes violentas e racistas e os abusos.
Revíseos atentamente por se algún ou algunha delas presenta algún problema de pavo subido, desavenencias familiares ou desencantos amorosos varios e procure diluir as súas inseguridades e medos nunha mistura de atención, cariño e educación.
Colóqueos un a un na aula. É importante escoitar ben como cruxe cada un dos alumnos e alumnas ao situalos nas sillas, xa que dunha boa colocación dependerá, en gran medida, o resultado final.
Introduza agora ao profesor ou profesora na aula e asegúrese de que ésta ten suficiente espazo, luz e ventilación.
Deixe todos os ingredientes durante nove meses a unha temperatura media duns 20 ou 25 graos, con algúns breves periodos de descanso, e obterá una alumnos e alumnas preparados e un profesor ou profesora satisfecha.
Para mellorar o sabor desta receta pode acompañala cunha guarnición de excursións e acampadas e aderezala con actividades lúdicas en xeral.
Extraído e traducido de lenguayliteratura.org
Arquivado en Xeral
Epitafios para Lois Pereiro
unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria…
Este é o epitafio que aparece na tumba de Lois Pereiro. Pois os alumnos de 1º de Bac. tamén quixeron escribir os seus, inspirándose no do poeta monfortino. Son estes:
Volvo estar como na miña xuventude, tirado en calquera lado e inconsciente de todo. (Fran Ruiz, 1º Bac.) |
Pegádeme que non vexo! Burladores do meu repouso, axudándome a sentir o mínimo sopro de dor e vida que tanto desprecei nos meus vagos días e coma vós, gocei pouco… (Daniel Díaz Silva, 1º Bac.) |
Aqueles que se nubran, aqueles que brillan, chegarán a min a través do esquecemento no que a miña vida foi, un esquecemento pleno. (Juan Manuel Queiruga, 1º Bac.) |
Déixovos de herdanza o que máis aprezo das miñas posesións, o meu xeito de ver a vida, pois unha vez o seu uso dea comezo, eu mesmo suxiro que a herdanza sexa compartida. (Iago Torres Parada, 1º Bac.) |
Vivín canto puiden. Agora, deixádeme morrer canto queira. (Lorena Lijó Gude, 1º Bac.) |
Aquí perezo eu sen dor algunha aquí descanso eu sen lamento algún lonxe de quen eu quero preto de quen eu desexo. (Rocío Patón Cadabal, 1º Bac.) |
Cantas despedidas na miña vida! Esta é soamente unha máis, a máis longa, da que ninguén pode escapar e agora xa non pido máis, quero ser un bo recordo algunha vez. (Ana Mª Ramallo, 1º Bac.) |
Estou a descansar non me veñas molestar. (Lorena Calviño, 1º Bac.)
|
Aquí xace o meu corpo, un corpo morto, sen vida un corpo podrecido e desfigurado pero ante todo un corpo de galego. (Andrés Monteagudo, 1º Bac.) |
Vou facer unha petición: recordádeme polo que tiven falado non polo que tiven calado, (que non é que fora moito). (Araceli Domínguez, 1º Bac.) |
Sei que a moitos non lles gustou o que en vida fixen mais que eses garden un mal recordo significa que estiven ben. (Tamara Ouviña Paisal, 1º Bac.) |
O día que eu morra bailade sen parar na miña tumba así recordarei o meu fogar e aos meus queridos ruidosos veciños de arriba. (Daniel Romano Gude, 1º Bac.) |
Non choredes máis, non, por favor, que se fenecín foi só para coñecer a liberdade e tranquilidade absoluta. (Sara Martínez, 1º Bac.) |
Meu ben querido amigo: Aquí estou deitado, eu preferiría estar contigo, mais estaba moi cansado. (Manuel Sobrido Santos, 1º Bac.) |
“Cubrirme de ganas” Petade na porta do meu cuarto sempre que por diante dela pasedes, recordade que o necesito, que vos necesito! Cubrirme de vida, cubrirme de ganas. (José Ramón Vilar Dios, 1º Bac.) |
Deixádeme, non chamedes pola miña ausencia sorride porque agora estarei máis presente ca nunca. Non me molestedes máis, xa non é necesario. Sabédelo. Seino. (Paloma Bande, 1º Bac.) |
Cada vez que pasedes polo meu carón cuspídeme para facerme sentir vivo, loitade para conseguir a liberdade e así poderei descansar tranquilo. (Mary González Sobrido, 1º Bac.) |
Non foi unha vida tan boa, como para chorar por ela. Non foi un home tan bo, como para chorar por el. Se chorades, chorade polo mármore que xace aquí estragado. (José, 1º Bac.) |
“Sempre viva” Pasade pola miña tumba, mandádeme sinais de vida, e coa vosa axuda sentireime sempre viva. (Sabela Recamán Penada, 1º Bac.) |
Pisade forte onde eu caia cando pasedes polo lugar onde caín dándome así forza para poder levantarme e vivir. (Juan José Álvarez Vázquez, 1º Bac.) |
Dádeme uns sinais de felicidade xa que daquela non a puiden recibir, non me importa a dor nin a frialdade o único que desexo é en paz durmir. (Cristian Torres Sampedro, 1º Bac.) |
Teño que partir aquí non podo vivir, deixádeme ir que aquí non podo seguir. (Rubén Fernández Ayaso, 1º Bac.) |
Xa que non podo vivir para sempre, mantédeme vivo polo menos na vosa memoria, só recordádeme como fun, o que fixen, para ben ou para mal, só facédeo. (Marco Antonio Romay Brión, 1º Bac.) |
Poderás facerme o que queiras cando eu estea alí abaixo sen facer nada, aínda que estea alí indefenso, sei que ti nunca poderás facerme dano, porque eu xa non sinto nada, e pouco a pouco ti morrerás da impotencia xa que son inalcanzable para ti. (Ronald Luna Bonoso, 1º Bac.) |

Xa é primavera no IES Leliadoura
Despois destes días de choiva, o noso xardín quedou máis bonito se cabe.
Pero aínda se ven imaxes así:
O Equipo de Biblioteca e a Dirección estamos traballando nunha campaña de concienciación sobre a necesidade de coidar o material común e o entorno. Como sabedes xa se comenzou hai unhas semanas, e empezouse dentro do centro. Vanse notando os cambios, tanto que ata os productos de limpeza estanse a tranformar en flores (incluso enriba dunha porta destrozada).
En conxunto coas titorías, tamén xa comenzamos a limpar o patio, xardíns, …., é dicir, a zona exterior. É unha tarefa de todos e todas e é necesario para que todos nós tomemos conciencia da importancia de ter un entorno limpo e agradable.
Merece a pena, non?
Fagamos o posible para non tranformarnos como o protagonista da seguinte curtametraxe (pincha aquí e verás unha curtametraxe titulada Container)
Arquivado en Xeral
Orgullosos/as do galegos
Arquivado en Xeral
Campionato de Futbolín Aprazado!!
Por diversos motivos, entre eles acadar unha maior participación e unha mellor organización do campionato, aprázase o inicio do mesmo ata o luns 31 de Xaneiro.
O prazo de inscrición manterase aberto ata o xoves 27. Tamén podes consultar a lista de equipos xa inscritos. As bases do campionato seguirán sendo as mesmas.
Para máis información escribe a futbolin@leliadoura.com.es
Aínda te podes anotar!
Arquivado en Actividades, Xeral
E se che gustou o marcapáxinas que te regalamos
podes imprimilo no papel que ti queiras, plastificalo, ….
E se non eres alumno/a do IES Leliadoura e non o tes, aquí tes a oportunidade de facerte con el.
FELICES FESTAS!!!
Arquivado en Recomendacións, Xeral
Campionato de Futbolín no IES Leliadoura
Aínda te podes inscribir no Campionato de Futbolín do IES Leliadoura. O prazo de inscrición remata o día 14 de Xaneiro de 2010 ás 11:00
Os partidos xogaránse sempre nos recreos. Consuta as bases do Campionato.
O campionato comezará o día 17 de Xaneiro de 2010.
Para máis información escribe a futbolin@leliadoura.com.es
Apúntate xa!
Arquivado en Actividades, Xeral