Normas de uso

Excomunión bibliotecaria

NORMAS PARA A UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA:

1.- Utiliza a Biblioteca como unha zona de consulta e lectura e non coma unha zona de xogos.

2.- Os xogos SÓ SE PODERÁN UTILIZAR DURANTE O RECREO seguindo as seguintes pautas:

  • Apúntate no caderno de empréstitos situado no mostrador.
  • Pide as fichas ao/á profesor/a de garda.
  • Devolve o xogo ao/á profesor/a de garda en perfecto estado.

3.- Non se poderá traer comida nin bebida.

4.- Debes respectar a zona de SILENCIO TOTAL

5.- Para ter acceso aos ordenadores debes seguir as seguintes pautas:

  • Apúntate no caderno de empréstitos situado no mostrador.
  • Recolle a tarxeta vinculada ao ordenador que che dará o/a profesor/a de garda.
  • Para utilizar o ordenador segue as normas da tarxeta.
  • Cando devolvas a tarxeta pon unha cruz no teu nome.

Deixar un comentario