23 ABRIL: DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s!

Esperamos que esteades tod@s ben!!

Faise raro ver a noso insti e a nosa bilbio pechada, sen que ningún de nós ande por alí. Pero temos que loitar tod@s xuntos para acabar con esta pandemia que nos tocou vivir. Ánimo que o imos conseguir!!!

Mentres que mellor para ocupar os anacos de tempo que nos queden libres que ler un, ou dous, ou tres, libros. Aproveitade para ler auqel libro que tiñades pendente pola casa, ou para reler aquel outro que vos gustara tanto daquela. O caso é que poidamos disfrutar coa lectura, agora máis que nunca.

Para animarvos, hoxe que celebramos o Día do Libro, queremos deixarvos aquí, non unha recomendación en especial, senón un vídeo que nos lembra a importancia da lectura para abrir as nosas mentes e coñecer utras xentes, outras culturas, outras formas de ver a vida, outros mundos imaxinarios…

Aquí volo deixamos

Disfrutádeo e ánimo que saíremos desta!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Deixar un comentario