Arquivo da categoría: Cine

Comeza o LOA!

Rodaxe Obradoiro AudiovisualO próximo xoves 20 de xaneiro botará a andar o LOA (Leliadoura Obradoiro Audiovisual), organizado pola Biblioteca do IES Leliadoura e o grupo Rodaxe.

As actividades darán comezo cunha reunión de presentación na Biblioteca do IES Leliadoura convocada para as 11:30, durante o recreo do instituto.

Nesa reunión explicarase o funcionamento xeral do obradoiro, a forma de organizarse, algunhas das actividades que se levarán a cabo, os recursos que se empregarán. Ademáis a reunión servirá tamén para que todas as persoas interesadas, tanto alumnado como profesorado, nos poidamos coñecer.

Xa o sabes, se estás interesad@ preséntate o próximo xoves na Biblioteca. Anima tamén aos teus compañeiros e compañeiras.

Para facilitar as futuras comunicacións podes ir enchendo o sinxelo formulario de inscrición.

Para resolver calquera dúbida ou consulta diríxete ao profesor que coodina o proxecto: Óscar Núñez Aguado (aguado@edu.xunta.es)

ou deixa un comentario neste blog.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Cine

Queres facer unha curta?

Para os amantes do cinema e o mundo audiovisual, a Biblioteca do IES Leliadoura en colaboración co grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual organiza a seguinte charla impartida por membros da Asociación Película Invertida:

Iniciación á realización de curtametraxes

Lugar: Biblioteca do IES Leliadoura

Asociación Pelicula Invertida

Data e hora: mércores 24 de 4 a 6:30

Contido: Na charla farase un percorrido polas etapas do proceso audiovisual orientadas a crear unha curtametraxe (preprodución, rodaxe e postprodución), e incluirá proxección de distintos materiais, anécdotas e tempo para preguntas.

Dirixido a: principalmente a rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de BAC, coa pretensión de meterlles o gusanillo no corpo para formar un equipo audiovisual durante o curso 2010-2011 e realizar así os seus propios traballos. A charla tamén estará aberta ao profesorado e a outro alumnado previa confirmación e mentres non se complete o aforo.Rodaxe Obradoiro Audiovisual

Máis información: escribindo a biblioteca@leliadoura.com.es ou deixando un comentario a continuación.

Nota: Para preparar mellor os contidos da charla podes deixarnos un comentario con calquera dúbida que teñas ou con propostas de temas que che interese tratar.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Cine

Sintel

Sintel” é unha curtametraxe de produción independente, iniciado pola Fundación Blender como un medio de mellorar e validar o programa libre e de código aberto Blender. Cun financiamento inicial acadado grazas a máis de 1000s de doazóns da comunidade a través de Internet, o que demostra unha vez máis ser un modelo viable de desenvolvemento tanto para a tecnoloxía 3D aberta como para o cinema de animación independente.

Este filme de 15 minutos foi realizado no estudo de Blender Institute de Ámsterdam, por un equipo internacional de artistas e desenvolvedores. Alén diso, acadáronse varias metas cruciais, tanto técnicas como creativas, realizados en liña, por desenvolvedores e artistas e equipos de todo o mundo.

www.sintel.org

Blender é o software de creación de contidos 3D libre e de código aberto, dispoñible para a maioría de sistemas operativos baixo a licenza GNU (General Public License).

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Cine, Vídeos

MÁIS RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS

EL SECRETO DE SUS OJOS Dirección: Juan José Campanella 2009

Reparto: Ricardo Darín, Soledad Villamil, Guillermo Francella, Pablo Rago

Sinopsis: Benjamín Espósito, secretario dun Xulgado de Instrución da Cidade de Bos Aires, está a piques de retirarse e decide escribir unha novela baseada nun caso que o conmoveu trinta anos antes, do cal foi testemuña e protagonista. A súa obsesión co brutal asasinato ocorrido en 1975 lévao a revivir aqueles anos, traendo ao presente non só a violencia do crime e do seu perpetrador, senón tamén unha profunda historia de amor coa súa compañeira de traballo, a quen desexou e amado fervorosamente e en silencio durante anos. A novela que escribe Espósito fainos percorrer os anos 70, cando en Arxentina se vivían épocas turbulentas, o aire estaba enrarecido e nada era necesariamente o que parecía ser.

BOYS DON’T CRY    Dirección: Kimberly Peirce 1999

Reparto: Hilary Swank, Chloë Sevigny, Peter Sarsgaard, Brendan Sexton III

Sinopsis: Baseada nun feito real, a película relata a vida dunha persoa cunha crise de identidade sexual. Chámase Teena Brandon e ten corpo de muller, pero sente e aparenta ser un home. Cando se descobre a súa situación, a discriminación e a intolerancia desencadeará a traxedia.

THE READER (EL LECTOR) Dirección: Stephen Daldry   2008

Reparto: Kate Winslet, David Kross, Ralph Fiennes, Bruno Ganz, Lena Olin

Sinopsis: Cando cae enfermo no seu camiño a casa desde o colexio, Michael Berg, un mozo de 15 anos, é rescatado por Hanna Schmitz, unha muller que lle dobra a idade. Ambos comezan un apaixonado e secreto idilio, ata que Hanna desaparece un día misteriosamente deixando a Michael confuso e desconsolado. Oito anos máis tarde, sendo estudante de Dereito, Michael asiches como observador a un tribunal onde se está xulgando a colaboradores da Alemaña Nazi, e queda atónito ao atoparse de novo coa súa antiga amante, esta vez, como acusada. A medida que se vai revelando o pasado da muller, Michael descobre un profundo segredo que terá un gran impacto na vida de ambos.

KUNG FU PANDA Dirección: Mark Osborne & John Stevenson    2008

Animación

Sinopsis: O oso panda Po é o animal máis perezoso que habita o Val da Paz. Uns poderosos inimigos reuníronse na entrada do val, e a única esperanza é unha antiga profecía que predicir a aparición dun heroe que salvará a situación. Pero ningún dos mestres de artes marciais que se presentaron levan a marca do Escolleito… ata agora. Cando Po aparece involuntariamente no medio da competición, todos quedan asombrados ao ver que un panda tan pouco motivado leva a marca. Dependerá deles converter a este tenro xigante nun loitador de kung-fu antes de que sexa demasiado tarde.

FAMILIA           Dirección: Fernando León de Aranoa 1996

Reparto: Juan Luis Galiardo, Amparo Muñoz, Ágata Lys, Elena Anaya, Chete Lera

Sinopsis: Santiago espértase como todas as mañás, baixa á cociña e toda a súa familia está esperándolle para felicitarlle: é o seu aniversario. Todos cántanlle o feliz aniversario e abre os agasallos, pero ao abrir o do seu fillo pequeno, enfádase e di que non lle gusta. O neno empeza a chorar e a dicir que lle quere, pero Santiago non lle cre e sóltalle unha frase sorprendente, que ningún pai do mundo diría xamais…

Deixar un comentario

Arquivado en Cine

RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS PARA ESTE MES

GRAN TORINO Dirección: Clint Eastwood      2008

Reparto: Clint Eastwood, Bee Vang, Ahney Her, Christopher Carley, John Carroll Lynch

Sinopsis: Walt é un ancián groseiro, duro e chapado á antiga. Tras a morte da súa esposa e o pasotismo por parte da súa propia familia, a personalidade de Walt agréase aínda máis se cabe. Para completar o seu resentimento, o seu barrio parece estar infestado de coreanos, xente á que combateu na guerra anos atrás e á que ve como uns bárbaros. O único alivio para Walt é o seu Gran Torino, un coche lendario que coida con extremo agarimo. O intento de roubo do coche por parte dun dos seus veciños orientais, cambiará a vida de Walt para sempre.

THE VISITOR Dirección: Thomas McCarthy      2007

Reparto: Richard Jenkins, Haaz Sleiman, Danai Jekesai Gurira

Sinopsis: Walter Vale, de sesenta e dous anos, camiña como sonámbulo pola súa propia vida. Perdida a súa paixón por ensinar e escribir, enche o seu baleiro existencial intentando infrutuosamente aprender a tocar o piano clásico. Cando a súa universidade envíalle a Manhattan para asistir a unha conferencia, Walter queda sorprendido ao descubrir que unha moza parella instalouse no seu apartamento. Vítimas dunha estafa inmobiliaria, Tarek, de nacionalidade siria, e Zainab, a súa noiva senegalesa, non teñen onde ir. Na primeira dunha serie de probas para o seu corazón, Walter permite de mala gana que a parella quede con el.

BIENVENIDO MR. CHANCE       Dirección: Hal Ashbi 1979

Reparto: Peter Sellers, Shirley MacLaine, Melvyn Douglas

Sinopsis: Logo de publicar a novela Benvido Mr. Chance, o seu autor Jerzy Kosinski recibiu un telegrama moi curioso no que alguén que se facía pasar polo personaxe protagonista de xardineiro Chance, escribía: “Estou dispoñible dentro ou fóra do meu xardín”. Engadíase un número de teléfono e Kosinski marcouno. Alén da liña contestou a voz de Peter Sellers. Foi loxicamente este lendario actor o que finalmente protagonizou a película nunha das máis memorables interpretacións da súa carreira que lle supuxo un Nomeamento ao Óscar ao Mellor Actor. Desde a primeira escena, a película consegue o noso sorriso e progresivamente a nosa complicidade a medida que nos relata a meteórica ascensión ás altas esferas da política americana dun pobre infeliz que só sabe de xardinería e do que ve na televisión.

UP Dirección: Pete Docter, Bob Peterson     2009

Animación

Sinopsis: “Up” conta a historia dun vendedor de globos de 78 anos, Carl Fredricksen, quen finamente consegue levar a cabo o soño da súa vida ao enganchar miles de globos á súa casa e saír voando rumbo a América do Sur. Pero descobre demasiado tarde que a maior dos seus pesadelos embarcouse tamén na viaxe: un explorador da xungla chamado Russell, que ten 8 anos e un optimismo a proba de bombas.

EL SUR            Dirección: Víctor Erice  1983

Reparto: Omero Antonutti, Sonsoles Aranguren, Icíar Bollaín, Lola Cardona

Sinopsis: Baseada nun relato curto de Adelaida García Morais, relata a historia de Agustín, un médico e zahorí que é capaz de descubrir co seu péndulo onde está a auga, desde a súa chegada a unha cidade do Norte coa súa muller Julia, mestra represaliada, e a súa filla Estrela aloxándose nunha casa chamada “A gaivota”. A historia desenvólvese na España dos anos 50 durante a nenez e a adolescencia de Estrela, narrando a poderosa atracción que exerce sobre ela a figura do seu pai e os segredos do pasado que desexa ansiosamente descubrir.

Deixar un comentario

Arquivado en Cine