Club de lectura de Ribeira

Bo día!

Hoxe queremos informarvos non de nós, senón dos nos@s compañeir@s do club de lectura para adultos que vén funcionando en Ribeira desde hai uns anos.

A nova é que o vindeiro martes 3 de decembro vai estar con el@s o escritor Xosé Monteagudo para falarlles da súa obra “TODO CANTO FOMOS“.

A xuntanza farana, coma sempre, no Ateneo Valle Inclán, do Bar Plaza a partires das 20:30.

Desde aquí queremos mandarlles os nosos parabéns por levar a cabo esta iniciativa de fomento da lectura a animalos a seguir moitos anos máis.

Unha aperta para os nos@s amigos do club de lectura de adultos!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

25 novembro contra a violencia machista

Ola!

Estamos preparando as actividades que imos desenvolver ao redor do 25 de novembro, data na que concentramos todos os esforzos na loita contra a violencia de xénero, pero loita que temos que levar a cabo todos os outros días do ano.

Para contribuír ás múltiples actividades que imos desenvolver no noso centro, a equipa de biblioteca estamos preparando tamén unha exposición cos nosos fondos bibliográficos e multimedia que tratan sobre o tema.

Ademais o Club Leriadouro tamén vai adicar a xuntanza deste mes, que xusto coincide co día 25, para facer lecturas conxuntas, debates e ver unha curta relacionada coa loita contra a violencia machista. Podes ver unha información máis detallada sobre o que teñen previsto @s Leriadour@s pinchando neste enlace .

Desde este blog tamén iremos detallando e contándovos todas as actividades que vaiamos programando e desenvolvendo.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

SAMAÍN LELIADOURO

Que tal vos foi na noite do Samaín?

Seguro que tedes algo terrorífico que contar

Nós tamén. Non ía ser menos.

Coma todos os anos organizamos actividades para conmemorar estas datas tan terrorificamente especiais.

Na biblio fixemos unha exposición de libros e contos de medo. Por alí andan Stephen King, Allan Poe, Lovecraft e moitos outros. Se non a vistes aínda podedes achegarvos estes días. Iso si, só para os máis valentes!!!!

Ademais, xunto co equip de Normalización, montamos na entrada principal unha exposición coas cabazas feitas polo alumnado que quixo sumarse a este “concurso” para ver que facía a máis terrorificamente orixinal.

Por se alguén non as viu aquí vos deixamos fotos de todo.

Ídelo pasar de medo véndoas!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

CLUB DE LECTURA 2019-2020

Ola a tod@s!

Aquí estamos un ano máis o equipo de biblioteca do IES Leliadoura. este ano temos novas incorporacións ao equipo que xa iredes coñecendo a medida que vaiamos desenvolvendo o programa de actividades que temos pensado para este curso que acaba de comezar fai un mes.

Hoxe queremos darvos a coñecer o noso proxecto para o Club de Lecura LERIADOURO 2019/2020. deixámovolo aquí, pero aproveitamos para lembrarvos que desde este blog tedes un enlace ao blog LERIADOURO, onde podedes estar máis ao día das súas actividades, aínda que coma sempre tamén faremos mención a ela neste espazo.

Un saúdo a tod@s e estade pendentes das novas!!!

club lectura 2019-2020

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

NOVO CARTEL NA BIBLIO

Ola a tod@s!

Xa temos o novo tótem que informa sobre as actividades e organización do espazo da biblioteca. Se pasastes pola biblio seguro que xa o vistes, pero se aínda non tivestes tempo non te preocupes…aquí o tes

De calquera xeito pasádevos pola biblio que ides atopar esta e moitas outras cousas interesantes.

Agardámosvos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1 comentario

Arquivado en Sen clasificar

Celebramos a paz

dav

dav

dav

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Ola!

Xa estamos de volta tralas vacacións de Nadal e coma todos os anos comezamos a preparar as actividades para conmemorar o Día da Paz.

Este curso decidimos facer dúas actividades distintas:

  • Montar un mural nas paredes dos corredores do insti con siluetas de mans e mensaxes alusivas á paz.
  • Proxectar películas relacionadas co tema.

Deixámosvos aquí o programa das proxeccións por se queredes ver algunha das pelis, no caso de que non vos toque a asistir ese.

DÍA

HORA

GRUPOS

PELÍCULA

29 DE XANEIRO 8:50 A 10:30 1º BACH.E 4º ESO ADEUS RAPACES
10:50 A 12:30 3º ESO E FPB A TUMBA DOS VAGALUMES
30 DE XANEIRO 8:50 A 10:30 1º ESO A VIDA DE CALABACÍN
10:50 A 12:30 2º ESO A TUMBA DOS VAGALUMES

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar