Desde hoxe Cervantes xa dá nome a unha estrela, e Quijote, Rocinante, Sancho e Dulcinea aos catro planetas que a orbitan. A proposta cervantina resultou vencedora no concurso NameExoWorlds da Unión Astronómica Internacional (IAU) no que se votaron propostas de todo o mundo para nomear 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos.
Nadia Ghulan estivo en Santiago dando unha conferencia. Que quen é? Na biblioteca xa a coñeciamos porque lemos o libro “El secreto de mi turbante” onde nos conta como pode cambiar a túa vida por culpa dos integrismos, as guerras, a intolerancia …
Recomendámoscho!
Arquivado en Sen clasificar