Arquivos mensuais: Maio 2012

Reunións do mes de xuño do club de lectura Leriadouro

Para 1º de ESO será o luns 4 de xuño (recordade que o libro é O Dador) e para o resto dos grupos será o mércores 6 de xuño.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión do club de lectura común

A reunión do club de lectura común do mes de maio, será o xoves 31 ás 20:30 como sempre da sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza).

Nesta data comentaremos Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Receitas poéticas no club de lectura Leriadouro

O outro día no club de lectura Lola Pardo tróuxonos unha “Termomix” facedora de deliciosos poemas. Para elo trouxo tamén un precioso Libro de receitas poéticas  para que incluso os cociñeiros menos adestrados puidésemos intentar a facer as nosas propias poesías.

Aquí deixamos algunha mostra:

Poema

O luns vin as cores

O martes toquei as flores

O mércores oín cantar os paxaros

O xoves saboreei os raios do sol

O venres ulín o polen

O sábado sentín que estaba cerca

O domingo a primavera, floreceu

Poema

Máquinas que destrúen,

Traballos que consumen,

Drogas que escravizan,

Guerras que exterminan,

Persoas que matan,

Esta é a realidade.

Poema

A primavera, unha estación marabillosa.

Sabe como as cereixas

Máis doces e vermellas,

Soa ao piar dos paxaros e risas de nenos,

Ule a flores e aos amores máis puros.

Parécese á máis bonita das ilusións.

Faime sentir incrible.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO