Acabamos de recibir novas películas en DVD, moitas novidades e algúns clásicos dos que xa iremos comentando algo en sucesivas recomendacións.
Por suposto que está pendente mercar libros e cómis e algunha película máis (algunhas xa están encargadas). Pedimos tamén a vosa opinión e que nos suxirades o que a vós vos apeteza. Podedes facelo mediante o blog, ben contestando a este artigo ou nos apartados que hai ao principio da páxina. Tamén hai unha lista na biblio nun atril entre o cine e os cómics, por se queredes escribir aí (é Malamadre o que vos propón que fagades suxerencias).
Aí vai un collage con algunhas das pelis máis destacadas.