Arquivo da categoría: Novidades

As últimas adquisicións da biblioteca

Novidades en cine

Acabamos de recibir novas películas en DVD, moitas novidades e algúns clásicos dos que xa iremos comentando algo en sucesivas recomendacións.

Por suposto que está pendente mercar libros e cómis e algunha película máis (algunhas xa están encargadas). Pedimos tamén a vosa opinión e que nos suxirades o que a vós vos apeteza. Podedes facelo mediante o blog, ben contestando a este artigo ou nos apartados que hai ao principio da páxina. Tamén hai unha lista na biblio nun atril entre o cine e os cómics,  por se queredes escribir aí (é Malamadre o que vos propón que fagades suxerencias).

Aí vai un collage con algunhas das pelis máis destacadas.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Novidades

A praia dos afogados

A PRAIA DOS AFOGADOS, Domingo Villar

Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba.

Domingo Villar naceu en Vigo en 1971 e posterioremente trasladouse a Madrid onde traballou como guionista de cine e televisión. Durante algúns anos foi crítico gastronómico na Cadena Ser.


Deixar un comentario

Arquivado en Libros, Novidades

La conjura de los necios

La conjura de los necios

LA CONJURA DE LOS NECIOS John K. Toole

É unha disparatada, aceda e inteligentísima novela. Pero non só iso, tamén é tremendamente divertida e amarga á vez. A gargallada escapa por si soa ante as situacións desproporcionadas desta gran traxicomedia.
O autor, John K. Toole, consegue unha crítica mordaz dunha sociedade americana baseada na decadente clase media. Non deixa monicreque con cabeza e, a través da tortuosa e enrevesada personalidade de Ignatius, dá un repaso á época que lle tocou vivir nun ton de burla que contrasta coa triste visión das vidas dos personaxes retratados.

John Kennedy Toole naceu en Nova Orleans en 1937. Escribiu só dúas novelas, A Biblia de Neón e a Conxura dos necios, gañadora do Premio Pullitzer de ficción no 1981. Para entón xa era tarde, pois no 1969, á idade de 31 anos, suicidárase ao non lograr a publicación da súa obra, que finalmente veu a luz en 1980

Deixar un comentario

Arquivado en Libros, Novidades