Arquivos mensuais: Maio 2015

MÁIS ACTIVIDADES DO MAIO CULTURAL

Como dixeramos as actividades do maio cultural non se detiveron logo do Día das Letras Galegas. A semana pasada tivemos con nós ao gran Quico Cadaval, quen un ano máis nos fixo disfrutar a todos escoitando as súas historias. Ademais o Departamento de Matemáticas organizou por cuarto ano o concurso de Cifras e Letras, do que xoves pasado tivemos ocasión de poder asistir á súa gran final. Logo rematamos a semana coa presenza na biblioteca da escritora Alicia Borrás

Aquí tedes fotos de todos estes eventos.

E para rematar o mes este venres 29 imos todos ao Parque de San Roque para disfrutar da carreira da viaxe pola lingua qu organizan os compañeiros/as de Normalización Lingüística.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

IV CONCURSO CIFRAS E LETRAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

PARELLA GAÑADORA DO IV CIFRAS E LETRAS

20150519_135730

20150519_140136

QUICO CADAVAL EN PLENA ACTUACIÓN

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

ALICIA BORRÁS CON ALUMNOS DE 1º E 2º ESO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

ALICIA BORRÁS ASINANDO LIBROS

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

A memoria da choiva (reunión club de lectura de maio)

Na reunión do club de lectura común do mes de maio comentaremos o libro A memoria da choiva de Pedro Feijoo.

Quedamos o xoves 26 de maio as 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza) e contaremos coa presenza do autor.

A memoria da choiva PlazaCando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade.

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

ACTIVIDADES DO MAIO CULTURAL

Como xa sabedes por novas anteriores deste blog no IES LELIADOURA estamos celebrando unha serie de actividades culturais ao longo deste mes de maio. Nesta semana que remata tivemos a oportunidade de asistir ao encontro con dous escritores que no pasado estiveron ligados ao noso insti, un como alumno, Carlos Callón, e a outra como profesora, Raquel Miragaia. Asemade un ano máis contamos coa visita de Serafín Marcos, quen a través da música, o teatro e o humor nos levou polos camiños da lingua e da poesía de autores homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Todos eles visitaron a nosa biblioteca e aquí os podedes ver

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

CARLOS CALLÓN CON ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

RAQUEL MIRAGAIA PRESENTANDO O SEU LIBRO: “EM TRÁNSITO”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

SERAFÍN MARCOS CON ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO

Seguide atentos porque a vindeira semana temos máis actividaes coas que libriaxaremos polo mundo da cultura!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Reunión do club de lectura Leriadoura

Quedaremos o luns 18 de maio na hora da comida.

Comentaremos o libro de Raquel Miragaia, Em transito, do cal regalounos varios exemplares para vós.

raquel 1

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

PROGRAMACIÓN MAIO CULTURAL NO LELIADOURA

CARTEL

 

Aquí tedes tódalas actividaes programadas dentro do Maio Cultural do IES Leliadoura.

Agardamos que sexa unha viaxe interesante polo mundo da cultura. Non vola perdades!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Viaxe ao Pais de Mourería

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Maio Cultural

 

Comenzamos cunha Viaxe Musical por Europa a cargo  de Profesores do Conservatorio de Noia.

Está foi a primeira das actividades do Maio Cultural 2015. Como non, estivo adicada ao mundo das viaxes. Asi, da man de Serafín Marcos á guitarra, Lucía Bustabad ao piano e Dalibor Sebestik ao chelo estivemos percorrendo toda Europa nunha viaxe musical de máis dunha hora. Combinando humor e música estes tres profesores do Conservatorio de Noia foron presentando pezas de famosos músicos europeos de tódalas épocas.

Realizouse no ximnasio e todo o mundo gozou co concerto.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades