Arquivos mensuais: Outubro 2015

SAMAÍN 2015: UN UNIVERSO DE MEDO

Como xa sabedes este curso imos percorrer o mundo dos astros. E para comezar nada mellor que animarvos a participar nun concurso de relatos, twitters e ilustración para celebrar o Samaín. É o concurso “Un universo de medo”.

Podedes consultar as bases no cartel do concurso que veredes polo centro e que tamén vos presentamos no noso blog

samain 15 negro letras

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

ASTRONOBIBLIO

Presentámosvos o non proxecto para este curso 2015-2016. Como vedes polo título vai sobre todo o mundo do universo.

O primeiro trimestre imos tratar sobre “Un Universo de ciencia”. Logo pasaremos a “Un Universo de ficción”.

Remataremos o curso con “Un Universo de ciencia-ficción”.

A que agora entendedes o de por que lle chamamos “ASTRONOBIBLIO”.

Velaiquí tedes o cartel.

CB15-16

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar