Arquivos mensuais: Xaneiro 2017

CONCURSO “CINE: UN REFUXIO PARA A PAZ”

Co gallo da celebración do Día Internacional da Paz este luns 30 de xaneiro o equipo da biblioteca do IES LELIADOURA organiza unha nova actividade dentro do progrma “Refúxiate nos libros” que vimos desenvolvendo neste curso.

Esta actividade é un concurso do que che presentamos o cartel:

diapositiva1

Seguro que xa vistes polos corredores do instituto os carteis das películas e mailas pombas que conteñen as pistas. Animádevos a participar, é unha forma divertida de saber máis sobre cine e como se trata nel o tema dos refuxiados e dos emigrantes. Seguro que descubrides cousas que non coñecíades.

A continuación tedes as bases para participar nesta interesante actividade. Se vos animades non tedes máis que recoller na biblioteca o formulario de participación e logo entregalo cuberto. Non vos despitedes o prazo remata o 15 de febreiro.

 

diapositiva2

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar