Ola a tod@s! Uf, xa facía un montón que non poñíamos nada no blog, pero aquí estamos de novo.
Acércase o Samaín e polo tanto estaredes esperando algún concurso de relatos que teñan que ver co medo ¿non?

Pois non, este curso facemos un concurso de SMSs de medo que poden levar unha imaxe ou non, e poden ser escritos en lenguaxe SMS pero non poden sobrepasar o que sería o tamaño de un só.

FAINOS TEMBLAR
DE MEDO !!!!!
E aquí están as bases:
I CONCURSO DE SMSs E IMAXES
A Biblioteca, Vicedirección, o Equipo de Normalización, os Departamentos de Linguas (Galega, Española, Inglesa, Francesa) e o Departamento de Plástica convocan o I concurso de SMSs para toda a comunidade escolar do IES LELIADOURA.
BASES
– O tema será “O Medo”
-Os SMSs deberán ter una extensión máxima de 160 caracteres (o que sería un sms nun móbil) e pode vir acompañado dunha imaxe.
-Os SMSs deberán ser enviados ó seguinte enderezo electrónico bibliotecaleliadoura@gmail.com asinados cun seudónimo co que será publicado no blog da biblioteca e os datos do autor (nome, apelidos e curso). As imaxes poden vir como documento adxunto.
– Cada autor poderá presentar cantos SMSs desexe.
-Un xurado integrado por distintos membros da comunidade escolar: dos Departamentos convocantes e da Biblioteca, encargarase de facer una selección dos mellores traballos.
-Ademais deste xurado, abrirase un prazo para facer unha votación popular a través de internet unha vez pechado o prazo de inscrición. Sortearanse premios sorpresa entre os votantes.
-Os traballos iranse publicando no blog da Biblioteca conforme se vaian entregando, para que os participantes, espectadores e curiosos os poidan ir disfrutando, valorando e comentando.
-Haberá unha soa categoría
-A data límite de recepción dos SMSs será o 26 de outubro de 2011.
– Os gañadores daranse a coñecer o día da celebración do Magosto, que será o mércores 2 de novembro.
HABERÁ UNS PREMIOS DE MEDO!
Gústame esto:
Gústame Cargando...