A próxima reunión do club será despois das vacacións de Semana Santa aínda que o día estápor concretar (posiblemente o luns 28 de marzo).
Os libros propostos son (escollede según o nivel de lectura):
A praia dos afogados de Domingo Villar
Neste libro, o inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato.
E como queremos que desta ocasión estemos envoltos es misterio, catro relatos con este tema no libro Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo do que temos exemplares en varias edicións diferentes.