Arquivo da categoría: Libros

Primero que todo

– Me gusta la gente que vibra, que no hay que empujarla, que no hay que decirle que haga las cosas, sino que sabe lo que hay que hacer y que lo hace en menos tiempo de lo esperado…

– Me gusta la gente con capacidad para medir las consecuencias de sus acciones, la gente que no deja las soluciones al azar.

– Me gusta la gente estricta con su gente y consigo misma, pero que no pierda de vista que somos humanos y nos podemos equivocar.

– Me gusta la gente que piensa que el trabajo en equipo entre amigos produce más que los caóticos esfuerzos individuales.

– Me gusta la gente que sabe la importancia de la alegría.

– Me gusta la gente sincera y franca, capaz de oponerse con argumentos serenos y razonables.

– Me gusta la gente de criterio, la que no se avergüenza de reconocer que no sabe algo o que se equivocó.

– Me gusta la gente que, al aceptar sus errores, se esfuerza genuinamente por no volver a cometerlos.

– Me gusta la gente capaz de criticarme constructivamente y de frente, a éstos les llamo mis amigos.

– Me gusta la gente fiel y persistente, que no desfallece cuando de alcanzar objetivos e ideas se trata.

– Me gusta la gente que trabaja por resultados.

Con gente como ésa, me comprometo a lo que sea, ya que con haber tenido esa gente a mi lado me doy por bien retribuido.

Mario Benedetti

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017, Libros

LA PUERTA OSCURA de David Lozano


LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO

Co Viaxeiro comeza a triloxía de novela gótica de David Lozano, unha epopea contra o mal na que o esquema clásico do xénero fantástico rompe cando é o protagonista humano o que interfire no mundo dos mortos.
Unha historia verosímil con reminiscencias góticas e sinistras onde fantasía, terror, amor e amizade transcorren nas rúas e cemiterios máis lendarios e esotéricos de París.

LA PUERTA OSCURA. EL MAL

O Mal sobreviviu. Tras rescatar a Michelle do mundo dos mortos, Pascal pensaba que a súa aventura como Viaxeiro terminara. Pero o pesadelo non fixo máis que empezar. Xunto á súa amada Michelle, Pascal tamén liberou a un condenado: Marc, un neno de aspecto inocente que, en realidade, é unha criatura maligna que espera a súa oportunidade para instalarse de forma definitiva no mundo dos vivos cun único obxectivo: matar.

LA PUERTA OSCURA. RÉQUIEM

En Réquiem descubriremos que a loita entre a luz e a escuridade non terminou. O Mal continúa no mundo dos vivos e, nesta ocasión, ameaza a Jules Marceaux, un dos mellores amigos de Pascal (O Viaxeiro). Pascal terá que enfrontarse a un novo desafío no Máis Aló, onde terá que dirixirse para atopar o único antídoto que pode salvar a Jules do maleficio que o arrastra cara ás tebras

Deixar un comentario

Arquivado en Libros

LA LADRONA DE LIBROS de Markus Zusak

Érase unha vez un mundo onde as noites eran longas e a Morte contaba a súa propia historia. Érase unha vez unha ladroa que roubaba libros e regalaba palabras.
Unha novela preciosa, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemana de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai ata o final da II Guerra Mundial. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínalle a ler e, a través dos libros, Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está escribindo o que finalmente lle salvará a vida.

Trailer

Deixar un comentario

Arquivado en Libros

El nombre del viento

“He recorrido de noche caminos de los que otros no se atreven a hablar ni siquiera de día.
He hablado con dioses, he amado a mujeres y he escrito canciones que hacen llorar a los bardos.
Quizá hayas oído hablar de mí”

Así comeza El nombre del viento, a primeira novela de Patrick Rothfuss.  Músico, mendigo, ladrón, mago, heroe e asasino. De nome Kvothe, un misterioso home disposto a contar a súa verdadeira historia nun mundo cheo de maxia, de poderes ocultos e de criaturas horrendas.

O autor, Rothfuss, foi etiquetado como o novo Tolkien, como o xenio da literatura fantástica para o século XXI.

Fai click aquí e descobre por ti mesmo a maxia de El nombre del viento

1 comentario

Arquivado en Libros

A praia dos afogados

A PRAIA DOS AFOGADOS, Domingo Villar

Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba.

Domingo Villar naceu en Vigo en 1971 e posterioremente trasladouse a Madrid onde traballou como guionista de cine e televisión. Durante algúns anos foi crítico gastronómico na Cadena Ser.


Deixar un comentario

Arquivado en Libros, Novidades

La conjura de los necios

La conjura de los necios

LA CONJURA DE LOS NECIOS John K. Toole

É unha disparatada, aceda e inteligentísima novela. Pero non só iso, tamén é tremendamente divertida e amarga á vez. A gargallada escapa por si soa ante as situacións desproporcionadas desta gran traxicomedia.
O autor, John K. Toole, consegue unha crítica mordaz dunha sociedade americana baseada na decadente clase media. Non deixa monicreque con cabeza e, a través da tortuosa e enrevesada personalidade de Ignatius, dá un repaso á época que lle tocou vivir nun ton de burla que contrasta coa triste visión das vidas dos personaxes retratados.

John Kennedy Toole naceu en Nova Orleans en 1937. Escribiu só dúas novelas, A Biblia de Neón e a Conxura dos necios, gañadora do Premio Pullitzer de ficción no 1981. Para entón xa era tarde, pois no 1969, á idade de 31 anos, suicidárase ao non lograr a publicación da súa obra, que finalmente veu a luz en 1980

Deixar un comentario

Arquivado en Libros, Novidades