A reunión do club de lectura leriadouro sera o vindeiro luns 26 de xaneiro, coma sempre, ao mediodía na biblio.
A do club de lectura común será o xoves 29 e tamén, coma sempre, na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) ás 20:30.
Neste mes comentaremos o libro Salseiros de Suso Lista e contaremos coa presenza do autor.
Escritor, actor, guionista, director radiofónico, axitador cultural, navegante, percebeiro, Suso lista rescata das redes sociais onde apareceron primeiro máis de medio cento de relatos, tráxicos uns e máis humorísticos outros, algún realistas e outros de ficción. Prólogo de Alfredo Conde que define ao autor coma un “mestre do relato, da narración curta cortada a machada”