A reunión do mes de abril será o vindeiro xoves 26 e como sempre, ás 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza)
Comentaremos LA FIESTA DEL CHIVO de Mario Vargas Llosa
Espeluznante reflexión sobre o poder absoluto, o abuso do mesmo, o servilismo e a indefensión que provoca. Centrada na tétrica figura do Xeneral Trujillo, combina elementos históricos cunha trama propia da novela negra, así como o drama persoal da protagonista; esta combinación xunto á profunda carga psicolóxica dos personaxes converten a esta novela nunha lectura imprescindible.