Arquivo da categoría: Actividades Lendo a mares
O Mar de Culturas
Para calquera persoa que emigra do seu país para instalarse en España, no meu caso en Galicia, os primeiros contactos coa sociedade soen ser duros, sobre todo, no caso de que existan grandes diferenzas culturais.
Neste curso e grazas a oportunidade que me ofreceu a profesora de Relixión e Moral Católica, de explicar a Relixión e a Cultura Islámica nas clases de primeiro da ESO. Supuso persoalmente para mín, un novo camiño de integración dentro dunha Sociedade con diferenzas culturais e romper dalgún xeito coa imaxe que se ten do mundo islámico e da súa relixión.
A mellor forma de que un nen@ entenda e aprecie a diversidade é que a vexa cos seus propios ollos.
O coñecemento sobre a cultura, a relixión, os valores que viven nun país é unha boa receita para facilitar esa integración. Desprendernos dos estereotipos é o primeiro ingrediente que debemos empregar. Se non facemos isto, todo o que aprendamos estará condicionado por unha imaxe falsa da realidade.
A diversidade de culturas e relixións enriquécenos. A raíz desta experiencia decidín asistir ás clases de Relixión, para aprender e afondar non só nos valores morais da Relixión Cristiá, senon doutras relixións que se imparten.
“Aos crentes de todas as relixións que defenden a
liberdade e a dignidade do ser humano por enriba
de calquera ideoloxía”.
Wahmid, Imane 4ºC ESO
Arquivado en Actividades Lendo a mares
UN MAR DE POMBAS
BASES DO CONCURSO
1) O obxectivo do concurso “LENDO A MARES”é promover a celebración do Día Internacional da Paz entre a comunidade educativa do IES LELIADOURA a partires do proxecto da biblioteca do centro para este curso: LENDO A MARES.
2) Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES LELIADOURA.
3) Para participar deberán recoller na consexería as follas do concurso, nas que aparecen un listado de persoaxes, datos acerca da súa vida ou actividade e frases que dixeron sobre a paz.;. Na resposta haberá que enlazar correctamente os elementos das seis columnas: ó lado de cada frase e de cada dato e de cada nome de autor hai que poñer o número da pomba onde figura o nome do personaxe a quen correspondan.
4) Na parte superior da folla de participación hai que indicar o nome, apelidos, curso e grupo.
5) Só pode entregarse unha folla de participación por persoa.
6) A folla de participación introducirase no buzón que estará colocado en conserxería.
7) O prazo de entrega rematará ás 14:30 do venres día 7 de febreiro.
8) Polos corredores do instituto estarán colgadas pombas numeradas con nomes de personaxes de diferentes ámbitos da cultura e da historia e citas relacionadas coa paz que algúns deles dixeron. ATENCIÓN: Algunhas citas corresponden ao mesmo autor. Hai personaxes que non teñen cita.
9) Estableceranse dúas categorías para os premios:
– Categoría A: 1º ciclo de ESO.
– Categoría B: 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
10) Os gañadores daranse a coñecer nun listado que se publicará a partires das 12:00 horas do luns día 13 de febreiro. Os premios entregaranse na Biblioteca o martes día 14 de febreiro.
11) Haberá un único gañador por categoría. De haber máis acertantes en cada categoría farase un sorteo entre eles para decidir quén é o gañador.
http://prezi.com/tafjiu91ixng/paz-2014/
Arquivado en Actividades Lendo a mares
Saímos na prensa
Tamén se entregaron os premios dos concursos de narrativa, ilustracións e cabazas.
Aquí algún dos premiados
Outros alumnos tamén leron textos da literatura clásica relacionados co mar.
Arquivado en Actividades Lendo a mares