Arquivos mensuais: Outubro 2014

PREMIOS NOBEL E MOITO MÁIS NA BIBLIOTECA DO LELIADOURA

Xa podedes ollar ou pedir en empréstito os libros dos últimos premios Nobel de Literatura e da Paz e tamén a obra do derradeiro premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

patrick-modiano-premio-nobel
Do premio nobel de Literatura, Patrick Modiano temos os seguintes títulos:

– El café de la juventud perdida.

– Barrio perdido.

– Calle de las tiendas oscuras.

– Un circo pasa

– Un pedigrí

Tamén temos o libro que conta a historia da recente gañadora do premio Nobel da Paz: “Yo soy Malala” Malala

E non podía faltar o gran Quino e a súa colección de Mafalda.

Anímate e pasa pola Biblioteca a por estes libros…

Ou a por calquera outro que che poida interesar. Seguro que o atopas.

mafalda-07

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Reunión do club de lectura común de outubro

Continuamos co club de lectura que temos en común cos outros centros da contorna e amig@s da lectura en xeral.

Estas reunións soen ser o último xoves de cada mes  ás 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza).

Neste mes a reunión é o xoves 30 e comentaremos o libro A filla do filósofo de Elena Poniatowska

A filla do filósofo  Considerada unha das grandes escritoras mexicanas,  Elena Poniatowska tamén é unha extraordinaria cronista da sociedade contemporánea. En A filla do filósofo recóllese unha escolma da súa obra narrativa traducida por escritores e escritoras galegos. A través deste diálogo de literaturas, da confluencia de voces e culturas, c hega a escritura sutil e incisiva da autora para facer penetrar os lectores na axitación das urbes, nos lares burgueses ou na paixón amorosa. Unha ollada intensa, non exenta de escarnio e pulo poético, que retrata unha sociedade en plena mutación.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

LIBRIAXES DE MEDO

CARTELBM

 

 

Diapositiva1Diapositiva2

1 comentario

Arquivado en Actividades Libriaxa con nós

CLUB DE LECTURA

Benvid@s un ano máis ao club de lectura LERIADOURO!

O vindeiro luns 20 de outubro teremos a nosa primeira xuntanza. Como sempre será entre as clases da mañán e as da tarde., así que vinde preparados para quedarvos a xantar no insti. Nesta primeira reunión faremos un plan do que imos a ler ao longo deste curso, por iso é importante que non faltedes.

Lembrade vémonos o luns 20 na biblio a partires das 14:30.

Ata o luns!

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

HORA DE LER

H.LER

Un ano máis no Leliadoura imos levar adiante o proxecto de fomento da lectura nos curso de 1º e 2º de ESO: a HORA DE LER.

Coa colaboración do profesorado que imparte clase neses grupos e máis coa do equipo de biblioteca, comezamos esta actividade este luns 13 de outubro.

Durante o 1º trimestre a HORA DE LER desenvolverase os luns. Para evitar que coincida sempre coas mesmas clases iremos rotando as horas ao longo dos 6 períodos lectivos da mañá.

Polo tanto o esquema de funcionamento sería o seguinte:

CURSOS IMPLICADOS: tódolos grupos de 1º e 2º de ESO.

DATAS E HORAS:

  • Luns 13 de outubro: de 8.50 a 9:40.
  • Luns 20 de outubro: de 9:40 a 10:30
  • Luns 27 de outubro: de 10:50 a 11:40
  • Luns 10 de novembro: de 11:40 a 12:30
  • Luns 17 de novembro: de 12:50 a 13:40
  • Luns 24 de novembro: de 13:40 a 14:30

Durante o 2º trimestre o día para a HORA DE LER será o martes e para o 3º trimestre será o mércores.

1 comentario

Arquivado en Sen clasificar

LIBRIAXA CON NÓS

OLA A TODAS/OS!

A Biblioteca do Leliadoura quere presentarvos o novo proxecto para este curso 2014-2015. Como vedes leva por título “LIBRIAXA CON NÓS” así que xa vos podedes imaxinar que vai adicado ás viaxes. Pero nada mellor para presentalo que ensinarvos o que vai ser a imaxe do proxecto. Grazas a Uxía Fernández Outeiral de 4º A por esta marabillosa obra de arte.

Aquí a tedes. Xa vos iremos contando máis novas do proxecto!!!

Diapositiva1

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar