Arquivos mensuais: Marzo 2015

Reunión do club de lectura Leriadouro

A reunión deixarémola para a volta das vacacións de Semana Santa. Se tadavía non tedes o libro … a que esperades?

Recordade que é Ollos de augaNa torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa.

Esta é a primeira novela que protagoniza o inspector Leo Caldas, e tamén a primeira que publicou Domingo Villar, do que xa limos o curso pasado A praia dos afogados

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión de marzo do club de lectura común

Será o vindeiro xoves 26 de marzo á 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza).

O libro a comentar é ANGRM-original sobrecubierta_CHARING CROSSEn outubro de 1949, Helene Hanff, unha nova escritora descoñecida, envía unha carta dende Nova York a Marks & Co., a libraría situada no 84 de Charing Cross Road, en Londres. Apaixonada, maniática, extravagante e moitas veces sen un peso, a señorita Hanff reclámalle ao libreiro Frank Doel volumes pouco menos que inencontrables que tranquilizarán a súa insaciable sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde, continúan escribíndose, e a familiaridade converteuse nunha intimidade case amorosa. Esta correspondencia excéntrica e chea de encanto é unha pequena xoia que evoca, con infinita delicadeza, o lugar que ocupan na nosa vida os libros… e as librarías.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Visita do escritor Fernando Lalana

CARTEL-FERNANDO-LALANA-fer-2OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deixar un comentario

por | Marzo 9, 2015 · 8:27 pm

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Día-internacional-da-mullerO IES Leliadoura vai conmemorar o Día da Muller traballadora cunha actividade sobre as mulleres viaxeiras.
Estaa actividade esta encadrada dentro do programa de actividades coordinadas pola biblioteca do centro e que este curso xira ao redor das viaxes co título de “Libriaxa con nós”.
Para celebrar a data do 8 de marzo a comunidade educativa presentou o venres 6 ás 12:30 a exposición “MULLERES POLO MUNDO”. O acto comezou na sala de usos múltiples do centro, onde se poder ver a exposición, cunha actuación musical de dous alumnos do centro: Alex Millet e Uxía Olveira.
A partires do venres 6 e ao longo da próxima semana as persoas que visiten a exposición poderán contemplar fotografías e datos biográficos de mulleres que destacaron ao longo da historia pola súa faceta de viaxeiras, tales como Fanny Bullock (sufraxista estadounidense), Nelli Bly (que deu a volta ao mundo en 72 días), Gertrude Bell, “a raíña do deserto” ou Karen Blixen, famosa por escribir “Memorias de África”, e así ata chegar a unha escolma de vinte figuras femininas destacadas ao longo da historia.
A exposición pode ser visitada en horario lectivo do centro, de 8:50a 14:30 de luns a venres.

 

 

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Libriaxa con nós