Quedaremos o luns 18 de maio na hora da comida.
Comentaremos o libro de Raquel Miragaia, Em transito, do cal regalounos varios exemplares para vós.
Quedaremos o luns 18 de maio na hora da comida.
Comentaremos o libro de Raquel Miragaia, Em transito, do cal regalounos varios exemplares para vós.
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO
A reunión deixarémola para a volta das vacacións de Semana Santa. Se tadavía non tedes o libro … a que esperades?
Recordade que é Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa.
Esta é a primeira novela que protagoniza o inspector Leo Caldas, e tamén a primeira que publicou Domingo Villar, do que xa limos o curso pasado A praia dos afogados
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO
Tal como determinamos na última reunión, a nova xuntanza será o luns 2 de marzo ao mediodía coma sempre. O libro é A neta do señor Linh de Philippe Claudel. Na biblioteca temos exemplares en galego e en castelá.
A neta do señor Linh. Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas. O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade.
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO
A reunión do club de lectura leriadouro sera o vindeiro luns 26 de xaneiro, coma sempre, ao mediodía na biblio.
A do club de lectura común será o xoves 29 e tamén, coma sempre, na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) ás 20:30.
Neste mes comentaremos o libro Salseiros de Suso Lista e contaremos coa presenza do autor.
Escritor, actor, guionista, director radiofónico, axitador cultural, navegante, percebeiro, Suso lista rescata das redes sociais onde apareceron primeiro máis de medio cento de relatos, tráxicos uns e máis humorísticos outros, algún realistas e outros de ficción. Prólogo de Alfredo Conde que define ao autor coma un “mestre do relato, da narración curta cortada a machada”
O vindeiro xoves 27 de novembro teremos a reunión do club de lectura común (ver outras entradas) co libro
O pasado luns día 17 deste mes reunímonos @s compoñentes do club de lectura Leriadouro. Comentamos o libro Bajo la misma estrella de John Green. Como nos gustou moito decidimos ler para o mes de decembro Buscando a Alaska, do mesmo autor.
A data está por concretar.
Animádevos! Esperámosvos!!!!
Benvid@s un ano máis ao club de lectura LERIADOURO!
O vindeiro luns 20 de outubro teremos a nosa primeira xuntanza. Como sempre será entre as clases da mañán e as da tarde., así que vinde preparados para quedarvos a xantar no insti. Nesta primeira reunión faremos un plan do que imos a ler ao longo deste curso, por iso é importante que non faltedes.
Lembrade vémonos o luns 20 na biblio a partires das 14:30.
Ata o luns!
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO
A próxima reunión do club será despois das vacacións de Semana Santa aínda que o día estápor concretar (posiblemente o luns 28 de marzo).
Os libros propostos son (escollede según o nivel de lectura):
A praia dos afogados de Domingo Villar
Neste libro, o inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato.
E como queremos que desta ocasión estemos envoltos es misterio, catro relatos con este tema no libro Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo do que temos exemplares en varias edicións diferentes.
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO
A próxima reunión será o luns día 10 de marzo. Tal como falamos, temos varios libros para escoller, todos sobre o mesmo tema: Diario de Ana Frank, Cando Hitler roubou o coello rosa de Judith Kerr e O neno do pixama a raias de John Boyne.
Dos tres libros temos exemplares na biblioteca tanto en galego como en castelán. Vós podedes escoller o que prefirades.
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO