Arquivos mensuais: Outubro 2018

XA TEMOS PLAN DE ACTIVIDADES

Ola a tod@s!

A semana pasada adiantabamos cal ía ser o noso proxecto para este curso 2018-2019. Que vos pareceu?

Esperamos que vos gustase!!!

Pois ben, agora toca contarvos como imos distribuír as actividades do proxecto ao longo destes vindeiros meses.

No 1º trimestre imos tratar sobre a evolución da moda ao longo da historia e nas distintas culturas do mundo.

No 2º trimestre imos tratar o modo do consumo/consumismo.

Nos derradeiros tres meses o centro de atención van ser as tribus e as súas modas.

Ata aquí a información por hoxe. Seguirémosvos informando de todo o que vaiamos facendo. estade atent@s que van ser actividades moi chulas e interesantes.

Xa sabedes, se tedes algunha idea e/ou proposta para este proxecto pasade pola biblio e contadenola!!!

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

XA ESTÁ AQUÍ O NOVO PROXECTO 2018-2019

Ola a tod@s!

Comezamos este novo curso e botamos a andar o noso proxecto para este ano.

Despois de estudar moitas opcións decidimos que este curso a biblioteca do Leliadoura ía centrar as súas actividades ao redor do mundo da moda, ou mellor dito “da moda do mundo”, que aínda que pode resultar parecido non é o mesmo.

Así que queremos presentarvos este novo proxecto:

MOD/L   C/NOS    LIBROS

Xa vos iremos informando das actividades que vaiamos a facer e decontado presentaremos o novo cartel.

Seguide pendentes das novas!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar