Arquivos mensuais: Abril 2013

Visita do club de lectura do IES Poeta Añón de Serra de Outes

Onte , luns 22 de abril, víspera do Día do Libro, recibimos a visita do club de lectura do  IES Poeta Añón de Serra de Outes. Primeiro visitaron o noso centro mentres nós todavía estabamos en clase. Logo xantamos todas e todos xuntos na biblioteca do noso centro (que mellor forma de confraternizar!), charlamos sobre as nosas experiencias nos nosos clubs respectivos, comentamos lecturas que nos gustaron e fomos dar un paseo pola bisbarra para ensinarlles un pouco a nosa zona.

As profesoras que alí estabamos quedamos moi contentas coa experiencia. Pero … que tal se empezades  vós comentando o que vos pareceu?.

Eles xa o fixeron no seu blog

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Agora nós visitaremos o seu centro para compartir unha nova xornada cos nosos clubs de lectura o luns 6 de maio.

Grazas pola vosa visita!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión club de lectura do mes de abril

Será o xoves 25 de abril e comentaremos:

la-hija-del-este-9788432214141

Non é soamente un libro sobre a Guerra da antiga Yugoslavia, é unha novela contada desde diferentes voces que fai pensar na crueldade e a maldade sen límites que pode ter o ser humano.

La hija del Este nútrese de datos verídicos, entrelazados con rumores e conxecturas, un híbrido de realidade e ficción cunha ampla galería de personaxes como Slobodan Miloševic y Radovan Karadžic, no que Clara Usón combina distintas voces narrativas e conxuga a investigación rigorosa coa cultura popular para reflexionar sobre o nacionalismo extremo e a manipulación política. Con fonda sabedoría, La hija del Este hilvana a tradición da epopea coa historia recente e móstranos que en determinadas circunstancias a decisión de non tomar partido é, quizá, a que máis compromete.

Coma sempre  na sede do Ateneo Valle-Inclán e ás 20:30

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Reunión do club de lectura Leriadouro

A próxima reunión será para todos os grupos o luns 22 de abril. Recordade que aínda que recibamos a visita dos lectores de Serra de Outes, nós tamén teremos que ter lidos os libros propostos:

o-dador-9788440303806

para os de 3º de ESO, e:

a-coroa-de-napoleon-9788499141114

Para 1º e 2º de ESO

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO