Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

Póximas reunións do Club de Lectura Leriadouro

Nas reunións da semana pasada fixemos lecturas de textos que nos gustaban, de obras tan clásicas como La isla del tesoro de Stevenson, El retrato oval de Poe, doutros máis recentes como O espíritu do cabaleiro  de Cornelia Funke, Balzac y la joven costurera china de Sijie Dai e todos e todas recomendamos algunha lectura.

Un alumno de 1º ESO leu un fragmento dun dos dous libros que está escribindo e tamén léronse fragmentos dos libros que quedaron como lectura para este trimestre:

Para 1º de ESO:  Diario de Greg de Jeff Kinney

Para 2º, 3º e 4º de ESO: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher

Próxima reunión 1º ESO o 27 de febreiro

Próxima reunión 2º, 3º e de 4º ESO o 29 de febreiro

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión do club de lectura común do mes de xaneiro

Con el agua al cuello

     de Petros Márkaris

No medio da crise, os recortes a funcionarios que ameazan á súa economía familiar e os esforzos da súa muller por axudar á súa filla e ao seu xenro, o comisario Jaritos terá que investigar a decapitación dun banqueiro xubilado. El está convencido de que se atopan ante un posible asasino en serie, pero as autoridades decántanse por un atentado terrorista, que podería estar relacionado cunha campaña anónima contra os bancos.

A investigación será complicada, polas diferentes liñas abertas e pola situación da sociedade grega que paralizou á cidade de Atenas con manifestacións, folgas e protestas. Con sinxeleza e naturalidade asistiremos á terrible realidade dunha sociedade que se desmorona.

A reunión será coma sempre na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza), o xoves 26 de xaneiro ás 20:30 horas

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Próximas reunións do Club de Lectura Leriadouro

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO