Arquivos mensuais: Novembro 2012

Reunión do club de lectura común

O libro que temos para este mes é La voz dormida de Dulce Chacón.

A reunión será coma sempre na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza), o xoves 29 de novembro ás 8 e media.

   Un grupo de mulleres, encarceradas na madrileña prisión de Ventas, enarbora a bandeira da dignidade e a coraxe como única arma posible para enfrontarse á humillación, a tortura e a morte. Poucas novelas podemos cualificar como imprescindibles. A voz durmida é unha delas, porque nos axuda a mergullar no papel que as mulleres xogaron durante uns anos decisivos para a historia de España. Relegadas ao ámbito doméstico, decidiron asumir o protagonismo que a tradición negáballes para loitar por un mundo máis xusto. Unhas na retagarda, e as máis ousadas na vangarda armada da guerrilla, onde deixaron a evidencia da súa valentía e sacrificio.

Na biblioteca temén temos a película, dirixida por Benito Zambrano.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Por fin nos comunicamos!!!

Xa fai dous meses que comezou o curso, pero por varias circunstancias todavía non puxemos ningún artigo no blog.

Atrás queda a excursión Á Coruña que fixemos o mércores 7 de novembro, cos compoñentes do Club de lectura Leriadouro do curso pasado,  e o que todavía é máis importante: aínda non saberedes quenes son @s gañadores do concurso de Teatro de Medo nin dos concurso de Ilustracións de Medo ata a semana próxima.

Por outra parte,  non vos esquezades de que a reunión do Club de Lectura Leriadouro é o próximo luns 19 de novembro, coma sempre ao mediodía,  na biblio.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar