Arquivo da categoría: Audiovisual
I Concurso Galeoke
Arquivado en Actividades, Audiovisual, Concursos
Videoguit do Entroido
Este xoves 7 de abril retomamos as proxeccións do recreo na biblioteca cunha estrea moi especial.
Por fin está dispoñible o video resumo do Festival de Entroido que o IES Leliadoura levou a cabo o 4 de marzo no Auditorio de Ribeira. A música elexida para a montaxe é o tema Desexos do grupo galego NAO, e nas imaxes podedes ver un repaso dos mellores momentos do festival, incluindo aos presentadores, actuacións musicais, contadores de chistes, monólogos, bailes e coreografías e por suposto o consabido desfile de disfraces.
Sen máis deixámosvos có vídeo:
Arquivado en Actividades, Audiovisual, Vídeos
Darío Xoan Cabana
O escritor galego Darío Xoan Cabana saúda aos rapaces e rapazas do Club de Lectura do IES Leliadoura organizado polo equipo da Biblioteca.
Arquivado en Actividades, Audiovisual, Club de lectura LERIADOURO, Vídeos
III Concurso Audiovisual en Galego
Arquivado en Actividades, Audiovisual
Apareceu o poemario perdido!
Unha alumna de AF2 encontra o poemario perdido na Biblioteca do IES LELIADOURA. SAN VALENTÍN obrou o milagro para que se atopase antes do día dos namorados.
Arquivado en Audiovisual, Vídeos
O Galeoke – O karaoke en galego
O Galegoke é un xogo de karaoke onde acumulas puntos emulando o cantar dos teus artistas galegos favoritos, sempre coas cancións orixinais. Podes xogar en modo individual ou en modo festa, competindo por roldas cos teus amigos e amigas . Aquí atoparás información sobre o proxecto, novas e eventos que se realizarán, así como o software e temas extras.
O volume I está á venda por 19,95 € en diferentes puntos de venda.
Arquivado en Audiovisual
Comeza o LOA!
O próximo xoves 20 de xaneiro botará a andar o LOA (Leliadoura Obradoiro Audiovisual), organizado pola Biblioteca do IES Leliadoura e o grupo Rodaxe.
As actividades darán comezo cunha reunión de presentación na Biblioteca do IES Leliadoura convocada para as 11:30, durante o recreo do instituto.
Nesa reunión explicarase o funcionamento xeral do obradoiro, a forma de organizarse, algunhas das actividades que se levarán a cabo, os recursos que se empregarán. Ademáis a reunión servirá tamén para que todas as persoas interesadas, tanto alumnado como profesorado, nos poidamos coñecer.
Xa o sabes, se estás interesad@ preséntate o próximo xoves na Biblioteca. Anima tamén aos teus compañeiros e compañeiras.
Para facilitar as futuras comunicacións podes ir enchendo o sinxelo formulario de inscrición.
Para resolver calquera dúbida ou consulta diríxete ao profesor que coodina o proxecto: Óscar Núñez Aguado (aguado@edu.xunta.es)
ou deixa un comentario neste blog.
Arquivado en Actividades, Audiovisual, Cine
Detrás da Canción – Obradoiro Musical
Como se compón unha canción de pop? Como se poden aproveitar as novas tecnoloxías para gravala e compartila co resto do mundo? A estas cuestións responde a actividade ‘Detrás da canción‘, na que integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer a trastenda do proceso creativo.
Anótate xa ao curso de música caseira, con Projecto Mourente.
As novas tecnoloxías permiten que calquera persoa se converta en produtor musical sen saír da casa. Este curso, que se imparte en dúas sesións de 50 minutos de duración cada unha, permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador convencional e posteriormente publicala en Internet. Consulta na seguinte táboa cando e onde é o seguinte curso:
Data | Localidade | Hora | Lugar |
---|---|---|---|
21/01/2011 | Tui | 18:00 | Telecentro-Área Panorámica |
22/01/2011 | Padrón | 18:00 | Telecentro-Centro Social |
23/01/2011 | Marín | 18:00 | Telecentro-Biblioteca |
04/02/2011 | Santiago de Compostela | 18:00 | Telecentro – Facultade de Ciencias da Información |
05/02/2011 | Ribeira | 18:00 | Telecentro – Confraría de Pescadores |
06/02/2011 | Negreira | 18:00 | Telecentro – Casa da Cultura |
11/02/2011 | Vilagarcía de Arousa | 18:00 | Telecentro – Obradoiro Municipal de Emprego |
12/02/2011 | Boiro | 18:00 | Telecentro – Centro Sociocultural |
13/02/2011 | Muros | 18:00 | Telecentro |
25/02/2011 | Vigo | 18:00 | Telecentro |
Arquivado en Actividades, Audiovisual
O alumnado de AF2 tamén axudan a publicitar a nosa biblioteca
Arquivado en Audiovisual, Club de lectura 2016-2017, Vídeos
Queres facer unha curta?
Para os amantes do cinema e o mundo audiovisual, a Biblioteca do IES Leliadoura en colaboración co grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual organiza a seguinte charla impartida por membros da Asociación Película Invertida:
“Iniciación á realización de curtametraxes“
Lugar: Biblioteca do IES Leliadoura
Data e hora: mércores 24 de 4 a 6:30
Contido: Na charla farase un percorrido polas etapas do proceso audiovisual orientadas a crear unha curtametraxe (preprodución, rodaxe e postprodución), e incluirá proxección de distintos materiais, anécdotas e tempo para preguntas.
Dirixido a: principalmente a rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de BAC, coa pretensión de meterlles o gusanillo no corpo para formar un equipo audiovisual durante o curso 2010-2011 e realizar así os seus propios traballos. A charla tamén estará aberta ao profesorado e a outro alumnado previa confirmación e mentres non se complete o aforo.
Máis información: escribindo a biblioteca@leliadoura.com.es ou deixando un comentario a continuación.
Nota: Para preparar mellor os contidos da charla podes deixarnos un comentario con calquera dúbida que teñas ou con propostas de temas que che interese tratar.
Arquivado en Actividades, Audiovisual, Cine