Arquivos mensuais: Xuño 2010

José Saramago

Pouco hai que dicir: grazas polo que nos queda

No enlace inferior hai unha lúcida reflexión sobre a democracia

O adeus dos amigos

http://www.elpais.com/especial/jose-saramago/in-memoriam-rivas.html

E tamén dos inimigos (en italiano, pero enténdese… moi moi ben)

http://www.vatican.va/news_services/or/or_quo/text.html#12

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Primero que todo

– Me gusta la gente que vibra, que no hay que empujarla, que no hay que decirle que haga las cosas, sino que sabe lo que hay que hacer y que lo hace en menos tiempo de lo esperado…

– Me gusta la gente con capacidad para medir las consecuencias de sus acciones, la gente que no deja las soluciones al azar.

– Me gusta la gente estricta con su gente y consigo misma, pero que no pierda de vista que somos humanos y nos podemos equivocar.

– Me gusta la gente que piensa que el trabajo en equipo entre amigos produce más que los caóticos esfuerzos individuales.

– Me gusta la gente que sabe la importancia de la alegría.

– Me gusta la gente sincera y franca, capaz de oponerse con argumentos serenos y razonables.

– Me gusta la gente de criterio, la que no se avergüenza de reconocer que no sabe algo o que se equivocó.

– Me gusta la gente que, al aceptar sus errores, se esfuerza genuinamente por no volver a cometerlos.

– Me gusta la gente capaz de criticarme constructivamente y de frente, a éstos les llamo mis amigos.

– Me gusta la gente fiel y persistente, que no desfallece cuando de alcanzar objetivos e ideas se trata.

– Me gusta la gente que trabaja por resultados.

Con gente como ésa, me comprometo a lo que sea, ya que con haber tenido esa gente a mi lado me doy por bien retribuido.

Mario Benedetti

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017, Libros

LA PUERTA OSCURA de David Lozano


LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO

Co Viaxeiro comeza a triloxía de novela gótica de David Lozano, unha epopea contra o mal na que o esquema clásico do xénero fantástico rompe cando é o protagonista humano o que interfire no mundo dos mortos.
Unha historia verosímil con reminiscencias góticas e sinistras onde fantasía, terror, amor e amizade transcorren nas rúas e cemiterios máis lendarios e esotéricos de París.

LA PUERTA OSCURA. EL MAL

O Mal sobreviviu. Tras rescatar a Michelle do mundo dos mortos, Pascal pensaba que a súa aventura como Viaxeiro terminara. Pero o pesadelo non fixo máis que empezar. Xunto á súa amada Michelle, Pascal tamén liberou a un condenado: Marc, un neno de aspecto inocente que, en realidade, é unha criatura maligna que espera a súa oportunidade para instalarse de forma definitiva no mundo dos vivos cun único obxectivo: matar.

LA PUERTA OSCURA. RÉQUIEM

En Réquiem descubriremos que a loita entre a luz e a escuridade non terminou. O Mal continúa no mundo dos vivos e, nesta ocasión, ameaza a Jules Marceaux, un dos mellores amigos de Pascal (O Viaxeiro). Pascal terá que enfrontarse a un novo desafío no Máis Aló, onde terá que dirixirse para atopar o único antídoto que pode salvar a Jules do maleficio que o arrastra cara ás tebras

Deixar un comentario

Arquivado en Libros

LA LADRONA DE LIBROS de Markus Zusak

Érase unha vez un mundo onde as noites eran longas e a Morte contaba a súa propia historia. Érase unha vez unha ladroa que roubaba libros e regalaba palabras.
Unha novela preciosa, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemana de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai ata o final da II Guerra Mundial. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínalle a ler e, a través dos libros, Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está escribindo o que finalmente lle salvará a vida.

Trailer

Deixar un comentario

Arquivado en Libros

Educación e Creatividade

Conferencia ofrecida no ano 2006 en Monterey (California) por Sir Ken Robinson, un líder recoñecido a nivel mundial no desenvolvemento da creatividade, innovación e recursos humáns.”

Deixar un comentario

Arquivado en Vídeos

PALESTINA de Joe Sacco

Joe Sacco, xornalista de profesión, nárranos en forma de cómic a viaxe de dous meses que fixo a Palestina durante o inverno de 1991-92, durante a primeira intifada contra a ocupación israelí. A modo de “diario de viaxe”, Sacco móstranos a situación que atopou na zona e os testemuños da xente que coñeceu, mostrando nas súas viñetas o medo, a tristeza, a frustación, a desesperación e ata, a pesar de todo, a esperanza dos que viven alí.

Deixar un comentario

Arquivado en Cómics

Narrativas Dixitais en Aguiño

Narrativas dixitais, proxecto educativo de novas tecnoloxías.
Garapuá (Bahía, Brasil) Aguiño (Galicia,España)
Do 12 ao 15 de xullo de 2010
Núm. Participantes: 16
Idade: 14 a 18 anos
Narrativas Dixitais é un proxecto educativo dirixido aos rapaces de Aguiño para difundir as novas tecnoloxías como medio de coñecemento e exploración do seu medio.
A actividade iníciase cun taller na Confraría, no que os alumnos deben decidir en grupo que tema queren tratar e en que forma.
Despois de se organizaren en pequenos equipos, estarán listos para cámara en man saír á rúa e relatar en primeira persoa a súa realidade máis próxima, compartir algunha experiencia, dar visibilidade ao seu medio…
Para facelo aprenderán a:

  • Traballar con imaxes: editar, manipular, corrixir color e montar de imaxes (taller de foto).
  • Traballar co son: editar, manipular e montar audio (taller de audio).
  • Editar un vídeo e manipular e corrixir color (taller de vídeo).

Estas narracións dixitais estarán expostas nos meses de xullo e agosto no Salón da Confraría e en pantalla grande proximamente…
Narrativas dixitais é un proxecto dos grupos de traballo do Laboratorio del Procomún en colaboración con Medialab Prado. Coordinadores: Juan Freire e Karla Brunet.
Se queres inscribirte como participante enche este sinxelo formulario.
Máis información http://ecoarte.info/narrativas/

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual