Arquivos mensuais: Abril 2015
Día do Libro
Arquivado en Actividades
Mendel el de los libros
O vindeiro xoves 23 de abril teremos a reunión do Club de Lectura Común, coma sempre ás 20:30 na sede do ateneo Valle Inclán (bar Plaza), onde comentaremos o libro:
Escrito en 1929, Mendel o dos libros narra a tráxica historia dun excéntrico libreiro de vello que pasa os seus días sentado sempre á mesma mesa nun dos moitos cafés da cidade de Viena. Coa súa memoria enciclopédica, o inmigrante xudeu ruso non só é tolerado, senón que querido e admirado polo dono do café Gluck e pola culta clientela que require os seus servizos. Non obstante, en 1915 Jakob Mendel é enviado a un campo de concentración, acusado inxustamente de colaborar cos inimigos do Imperio austrohúngaro. Un breve e brillante relato sobre a exclusión na Europa da primeira metade do século xx.
Arquivado en Club de lectura 2016-2017
Os soños ….
La casa de las palabras
Arquivado en Sen clasificar