Arquivos mensuais: Novembro 2015

Reunión do club de lectura do mes de novembro

Segue a funcionar, outro ano máis, o club de lectura que comenzou sendo organizado polos tres centros de secundaria de Ribeira,  pero con lectores e lectoras de toda a comarca,  sen necesidade de pertencer á comunidade educativa.

No mes pasado lemos Tras do solpor de Haruki Murakami, e para este mes de novembro temos Zapatillas rotas de Xabier Quiroga.

A reunión será, coma sempre, na sede do Ateneo Valle Inclán (Bar Plaza, primeira planta)  ás 20:30 horas do día 26 de novembro e contaremos coa presenza do autor.

XG00225901O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida.

Esta novela acadou o Premio da Crítica 2014

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar