Arquivos mensuais: Abril 2010

A praia dos afogados

A PRAIA DOS AFOGADOS, Domingo Villar

Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba.

Domingo Villar naceu en Vigo en 1971 e posterioremente trasladouse a Madrid onde traballou como guionista de cine e televisión. Durante algúns anos foi crítico gastronómico na Cadena Ser.


Deixar un comentario

Arquivado en Libros, Novidades

Novo e-book

Este é un titorial sinxelo e moi didáctico para aprender a usar o novo modelo de e-book.

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

La conjura de los necios

La conjura de los necios

LA CONJURA DE LOS NECIOS John K. Toole

É unha disparatada, aceda e inteligentísima novela. Pero non só iso, tamén é tremendamente divertida e amarga á vez. A gargallada escapa por si soa ante as situacións desproporcionadas desta gran traxicomedia.
O autor, John K. Toole, consegue unha crítica mordaz dunha sociedade americana baseada na decadente clase media. Non deixa monicreque con cabeza e, a través da tortuosa e enrevesada personalidade de Ignatius, dá un repaso á época que lle tocou vivir nun ton de burla que contrasta coa triste visión das vidas dos personaxes retratados.

John Kennedy Toole naceu en Nova Orleans en 1937. Escribiu só dúas novelas, A Biblia de Neón e a Conxura dos necios, gañadora do Premio Pullitzer de ficción no 1981. Para entón xa era tarde, pois no 1969, á idade de 31 anos, suicidárase ao non lograr a publicación da súa obra, que finalmente veu a luz en 1980

Deixar un comentario

Arquivado en Libros, Novidades