Arquivos mensuais: Xuño 2017

ACAMPADA LITERARIA DE MEDO

Os rapaces de 2º e 3º ESO saen de acampada ao camping a Cascada o sábado 24 e o domingo 25, acompañados da coordinadora do clube.

As actividades foron as seguintes:

-Montaxe das tendas.

Piscina

           

Preparación dun boísimo churrasco e cea

Xornada literaria: contamos contos de medo

A descansar

Amorzo as 7:30

Ás 8 camiñata polo río de Artes con paradas lectoras.

Piscina

comida

xogos

Aquí vai un vídeo:

 

Un enorme saúdo a todos e todas as participantes

 

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

FESTA RACHADA

Cos rapaces de 1º eso fixemos una pequena festa-concurso por equipos. Os que contestaban axeitadamente, papaban e bebía. Unha mera excusa pa festexar. Aí van estas fotos

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

DRAMATIZACIÓN DA OBRA DE TEATRO AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXASD

 

Dado que este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Carlos Casares, brindámoslle unha pequena homenaxe dende o clube de lectura. Foron os rapaces de 1º ciclo os que fixeron esta lectura dramatizada, moi divertida por certo. Grazas rapaces!

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

DRAMATIZACIÓN DA CASA DE BERNARDA ALBA

O alumnado de 4º da Eso fainos baixo a Árbore da Vida, situado no vestíbulo do instituto, unha lectura dramatizada da Casa de Bernarda Alba. Asisten todos os alumnos do clube de lectura e todas as persoas que quiseron. Aquí vos vai unha foto:

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

ÁFRICA EN EL CORAZÓN DE M. CARMEN DE LA BANDERA

 

O alumnado de 2º e 3º ESO cubriron en grupos a seguinte ficha. Despois físoxe unha posta en común

Antes de ler

1 Na contracuberta  infórmasenos de que se trata dunha novela na que se misturan os SENTIMENTOS, as AVENTURAS e a DIVERSIDADE. Tendo en conta a sinopse e as características desta historia, ¿que ingredientes cres que pode haber nol libro para cada un destes tres aspectos?

2. Buscamos información sobre Camerún e  enchemos unha ficha cos seus datos

País:

Capital:

Población: (en 2001):

Lenguas oficiales: y

Expectativa de vida en 2001 (hombres): años.

Expectativa de vida en 2001 (mujeres): años.

Principales industrias:

 

Mentras lemos

1 A nai de Diko morreu no parto. Fai un resume de como ocurre este desgraciado suceso.

2 Recén chegado a Poli, Diko ve un home branco. Rodea c un círculo SÍ ou NON segundo corresponda:

És aa primeira vez na súa vida que Diko ve un home branco? SÍ/non

¿Espántao ese encontro? SÍ/NON

¿Bótase incluso a temblar cando o home lle bica na frente? SÍ/NON

¿Ese home branco é un padre dunha misión? SÍ/NON

¿Decide Diko regresar inmediatamente a súa aldea? SÍ/NON

¿O bruxo da tribu de Diko afirma que os brancos son amistosos? SÍ/NON

¿El bruxo da tribu de Diko afirma que os brancos son perversos? SÍ/NON

¿Cre Diko que os negros sempre tratan de facer dano aos brancos?SÍ/ NON

¿Négase Diko a visitar a misión?SÍ/ NON

3 Resume cómo es la relación entre Juan y Diko en Kongle.

 

Mentras lemos

1 Le o seguinte diálogo e di quen fala e en que situación se encontra Diko.

 

—Diko, ya te he explicado que no puedo. Mi vida es un ir y venir de un lado a otro. Eres menor. Las leyes de inmigración de mi país no lo permiten. Comienza a tomar clases de inglés, prepárate todo lo que puedas y, cuando tengas la mayoría de edad, te buscaré un trabajo, te mandaré los papeles y, entonces, ya podrás ir legalmente. (Pág. 62)

2 Conta, coas túas palabras, a triste historia de Hubert.

3 Explica cómo llevan a cabo sus robos y asaltos Hubert, Makumba, Balla y Diko en el ejército infantil.

4 ¿Qué terrible accidente sufre Makumba?

 

Tamén vimos un vídeo sobre os nenos soldado:

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

CORREDORAS DE MARÍA RÉIMONDEZ

Antes da lectura:

Nunha primeira xuntanza presentamos a terceira proposta do noso clube de lectura para 1º ESO  e realizamos as actividades seguintes:

  • Observamos a imaxe da portada e vemos onde nos sitúa, a que mundo nos leva.
  • Identificamos a autora: lembramos o que sabíamos sobre ela e sobre as obras que coñezamos, buscamos máis datos en internet e na biblioteca.

 

Despois da lectura:

 

 Resumimos o argumento ou realizamos unha liña argumental.

 Entre  todos achegamos as nosas valoracións e impresións sobre a obra.

 Documentámonos sobre Etiopía en internet e na biblioteca.

 Procuramos máis información sobre os e as atletas deste país a través dedocumentais

e material audiovisual.

 

 Resolvemos dúbidas que puideron xurdir durante a lectura.

 

 Reflexionamos e debatemos sobre algún dos temas e valores que se tratan na obra: a situación da muller e a violencia contra elas, o deporte como saída da miseria,   a importancia da educación, a superación dos obstáculos con esforzo e tenacidade, a amizade

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

A LÚA DE SENEGAL DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Non podía faltar un libro de Agustín Fernández Paz no noso clube de lectura.

Sinopse

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandoar o seu pobo ol Senegal e viaxar coa nai e coa súa irmá pequena ata Vigo, onde seu pai vive desde vai algún tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandoou, é a lúa que brila no ceo polas noites. A  nena elixe a a Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, lembranzas, medos, e tamén o desexo de acostumarse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avola, Mamá Feriane.
O relato trata a emigración desde ol punto de vista do desarraigo e a intensa tristeza que leva aparellada e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.

 

Actividades:

Fíxate no título do libro que estás a punto de ler, grazas a el deducimos que Senegal vai  ser unha parte importante do relato.Busca información de este país africano.
Despois da lectura
1 Mareime  dille a Khoedi que ten unha misión para o futuro. Revisa o texto e descubre en que consiste esa misión; identifica tamén que tipo de profesión lle permitiría realizala e por que.
2 Imaxina que Khoedi é unha nova compañeira da túa clase e contesta:

          ¿Que che parecería tela como compañeira de clase?
          ¿Que lle dirías para que perdese o seu medo?
           ¿Qué che gustaría enseñarlle da túa localidade para que empezase a gustarlle tanto como o seu país?
         ¿Que xogos lle ensinarías para que vos acompañase ós teus amigos e a ti
no recreo?
3 Cal é o personaxe da historia co que te identificas? Por que?
4 Describe e debuxa os personaxes da historia.
5 Busca o traxe típico de Senegal e algún dos seus bailes tradicionais.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017