Arquivos mensuais: Decembro 2012

Recomendacións de nadal

Boletin recomendacion nadal 2012-12

Os títulos son os seguintes:
Para os máis xóvenes:

  • Diario de Greg 6 (¡Atrapados en la nieve!) de Jeff Kinney
  • Peter Pan y los ladrones de sombras de Davi Barry e Ridley Pearson

Os medianos:

  • El libro del cementerio de Neil Gaiman
  • Los juegos del hambre de Suzanne Collins

Para todos:

  • La Cenicienta que no quería comer perdices de Nulina López
  • Arturo y Clementina de Adela Turín e Nella Bosnia
  • Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro

Novidades en cómics:

  • Ardalén de Miguelanxo Prado
  • El Héroe 2de David Rubín

Novidades en novela negra:

  • Os fillos do mar de Pedro Feijoo
  • La danza de la gaviota de Andrea Camilleri
  • La marca del meridiano de Lorenzo Silva
  • La caja negra de Michael Connelly
  • Liquidación final de Petros Márkaris

Cine:

  • Ell niño de la bicicleta de Jean-Pierre & Luc Dardene
  • Cisne negro de Darren Aronofsky
  • Toy Story 3  de  Lee Unkrich
  • Primos de Daniel Sánchez Arévalo
  • Intocable de  Olivier Nakache & Eric Toledano

Deixar un comentario

por | Decembro 19, 2012 · 1:32 am

Reunión de decembro do club de lectura común

paasilinna2No mes de decembro a reunión vaise facer moi pronto: o martes 11 ás 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza)

A obra que imos comentar é unha novela de Arto Paasilinna: O bosque dos raposos aforcados.

Totalmente recomendado, é moi divertido.

Aquí vai a reseña:

Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando estes saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paraxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo a aqueles maleantes sen estilo. Naquelas frías terras do norte coñece ao comandante Remes, militar alcólico co que acaba vivindo unha serie de estrafalarias aventuras no límite entre a realidade e o absurdo.
Arto Paasilinna foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. Traducido xa a decenas de linguas, “O bosque dos raposos aforcados” é o primeiro libro que se verte do finlandés ao galego.

Na nosa biblioteca tamén temos os títulos:  El año de la liebre (1998) e   El mejor amigo del oso (2009)

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017