Arquivos mensuais: Decembro 2011

Se non sabes que pedirlle aos Reis Magos …

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

La nieta del señor Linh de Philipe Claudel no club de lectura común

Para o vindeiro xoves 15 de decembro na reunión do club de lectura común falaremos desta preciosa novela.

Sipnose:

Unha fría mañá de novembro, tras unha penosa viaxe en barco, un ancián desembarca nun país que podería ser Francia, onde non coñece a ninguén e cuxa lingua ignora. O señor Linh foxe dunha guerra que acabou coa súa familia e esnaquizado a súa aldea. A guerra rouboulle todo menos á súa neta, un bebé chamado Sang Diu, que no seu idioma significa «Mañá doce»

Pero esta non é unha historia sobre miserias da guerra, senón unha historia conmovedora sobre a amizade e o poder da súa comunicación a pesar das fronteiras do idioma. Unha historia que nos ensina que a pesar das diferenzas culturais, a alegría e a tristeza son humanamente universais.

Recordade que as reunións son sempre as 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) e que nos xuntamos lectores e lectoras de todas as idades: alumnado, pais, nais, profes e moita xente que non ten que ver co ensino pero que lles gusta ler.

Animádevos a vir!

1 comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Pasaportes Leriadouros

Esta semana tivemos as nosas primeiras reunións do club de lectura, e como ler é viaxar, comezamos facendo os nosos pasaportes para as viaxes neste curso.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO