Arquivos mensuais: Xaneiro 2013

A PAZ POLO MUNDO DO CINE

Anímate a participar no  noso concurso para o Día da Paz.

ANÍMATE A PARTICIPAR NO NOSO CONCURSO PARA O DÍA DA PAZ.

CONSULTA AS BASES, A FOLLA DE PARTICIPACIÓN E AS PISTAS SOBRE AS PELÍCULAS NESTE BLOG

BASES DO CONCURSO

1) O obxectivo do concurso é promover a celebración do Día Mundial da Paz entre a comunidade educativa do IES LELIADOURA a partires do proxecto da biblioteca do centro para este curso: BABELTECA.
2) Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES LELIADOURA.
3) Para participar deberán recoller na biblioteca as follas do concurso, nas que aparecen fotogramas de 15 películas relacionadas coa paz e co rexeitamento ao uso da guerra. Ao carón de cada fotograma aparece un cadro no cal se deberá anotar a resposta correspondente.
4) Na resposta indicarase o lugar no que se desenvolve principalmente a acción da película en cuestión.
5) Pola parte de atrás da folla de participación hai que indicar o nome, apelidos e curso.
6) Só pode entregarse unha folla de participación por persoa.
7) A folla de participación entregarase ao profesorado encargado da garda da biblioteca no mostrador de atención da mesma.
8) O prazo de entrega rematará ás 12:00 do venres día 1 de febreiro.
9) Polos corredores do instituto estarán expostos carteis nos que figuran pistas para poder atopar as respostas.
10) Estableceranse tres categorías para os premios:
– Categoría A: 1º ciclo de ESO.
– Categoría B: 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
– Categoría C: Profesorado e PAS.
11) Os gañadores daranse a coñecer na Biblioteca a partires das 12:00 horas do luns día 4 de febreiro. Os premios entregaranse no Festival de Antroido o venres día 8.

FOLLA DE PARTICIPACIÓN

SEGUE AS PISTAS

CANCIÓNS POLA PAZ

Deixar un comentario

por | Xaneiro 28, 2013 · 11:18 am

Atención leriadour@s!

As próximas reunións do club de lectura son: el_libro_del_cementerio

O luns 4 de febreiro os grupos de 2º e 3º ESO

O mércores 6 de febreiro os grupos de 1º ESO

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Lectura do mes de xaneiro

el-medico-noah-gordon
A reunión será ás 20:30 do xoves 24 de xaneiro na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza)
O libro deste mes é El médico de Noah Gordon
Esta novela describe a paixón dun home do século XI por vencer a enfermidade e a morte, aliviar a dor allea e impartir o don case místico de sanar que lle foi outorgado. Arrastrado por esa paixón, percorrerá un longo camiño que lle conducirá, desde unha Inglaterra en que domina a brutalidade e a ignorancia, á sensual turbulencia e o esplendor da remota Persia, onde coñecerá ao lendario mestre Avicena, que está experimentado coas primeiras armas da medicina moderna.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017