Unha persoa da comunidade educativa no apartado Recoméndanos un libro, aconsellounos a lectura dos libros da serie Os Megatoxos de Anxo Fariña.
Temos os tres títulos publicados na Biblioteca. Pasa por alí, colle un, e da a túa opinión (están en Narrativa Galega, no apartado “Ensalada de libros”
Arquivado en Recomendacións
Para os amantes do cinema e o mundo audiovisual, a Biblioteca do IES Leliadoura en colaboración co grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual organiza a seguinte charla impartida por membros da Asociación Película Invertida:
Lugar: Biblioteca do IES Leliadoura
Data e hora: mércores 24 de 4 a 6:30
Contido: Na charla farase un percorrido polas etapas do proceso audiovisual orientadas a crear unha curtametraxe (preprodución, rodaxe e postprodución), e incluirá proxección de distintos materiais, anécdotas e tempo para preguntas.
Dirixido a: principalmente a rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de BAC, coa pretensión de meterlles o gusanillo no corpo para formar un equipo audiovisual durante o curso 2010-2011 e realizar así os seus propios traballos. A charla tamén estará aberta ao profesorado e a outro alumnado previa confirmación e mentres non se complete o aforo.
Máis información: escribindo a biblioteca@leliadoura.com.es ou deixando un comentario a continuación.
Nota: Para preparar mellor os contidos da charla podes deixarnos un comentario con calquera dúbida que teñas ou con propostas de temas que che interese tratar.
Arquivado en Actividades, Audiovisual, Cine
Curta gañadora do ano 2009 na categoría documental do certame audiovisual “NADA SOBRE NÓS SEN NÓS” organizado pola Asociación Ámbar con sede na comarca da Barbanza.
Arquivado en Vídeos
Finalizou o I Concurso de Medo no IES Leliadoura!! Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación!
Premios do Xurado:
Premios do Público:
E realizado tamén o sorteo entre todos os votantes, temos un premio tamén para Manuel Fernández!
Noraboa a tod@s! Seguir lendo
Arquivado en Actividades, Concursos
O equipo da Biblioteca do IES LELIADOURA, coa intención de fomentar o gusto pola lectura, de compartir experiencias a partir dos libros e doutros materiais textuais, e de disfrutar de actividades variadas, invita a toda a comunidade educativa a facerse membro@s do “Club de Lectura Leriadouro” . Seguir lendo
Arquivado en Actividades, Club de lectura 2016-2017
Preme na imaxe para ver a Capela Sistina en 3 dimensións!
Arquivado en Audiovisual, Fotos
Xa están publicados no blog todos os relatos e ilustracións que se presentaron ao concurso.
Abrimos agora o formulario de votación para que elixades os que máis vos gustaron. Lembrade que a votación determinará o premio do público e que tamén se sortearán regalos entre os votantes.
Os gañadores do concurso e do sorteo revelaranse o día 15 no Magosto que se celebrará pola tarde no IES Leliadoura.
Arquivado en Actividades, Concursos