unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria…
Este é o epitafio que aparece na tumba de Lois Pereiro. Pois os alumnos de 1º de Bac. tamén quixeron escribir os seus, inspirándose no do poeta monfortino. Son estes:
Volvo estar como na miña xuventude, tirado en calquera lado e inconsciente de todo. (Fran Ruiz, 1º Bac.) |
Pegádeme que non vexo! Burladores do meu repouso, axudándome a sentir o mínimo sopro de dor e vida que tanto desprecei nos meus vagos días e coma vós, gocei pouco… (Daniel Díaz Silva, 1º Bac.) |
Aqueles que se nubran, aqueles que brillan, chegarán a min a través do esquecemento no que a miña vida foi, un esquecemento pleno. (Juan Manuel Queiruga, 1º Bac.) |
Déixovos de herdanza o que máis aprezo das miñas posesións, o meu xeito de ver a vida, pois unha vez o seu uso dea comezo, eu mesmo suxiro que a herdanza sexa compartida. (Iago Torres Parada, 1º Bac.) |
Vivín canto puiden. Agora, deixádeme morrer canto queira. (Lorena Lijó Gude, 1º Bac.) |
Aquí perezo eu sen dor algunha aquí descanso eu sen lamento algún lonxe de quen eu quero preto de quen eu desexo. (Rocío Patón Cadabal, 1º Bac.) |
Cantas despedidas na miña vida! Esta é soamente unha máis, a máis longa, da que ninguén pode escapar e agora xa non pido máis, quero ser un bo recordo algunha vez. (Ana Mª Ramallo, 1º Bac.) |
Estou a descansar non me veñas molestar. (Lorena Calviño, 1º Bac.)
|
Aquí xace o meu corpo, un corpo morto, sen vida un corpo podrecido e desfigurado pero ante todo un corpo de galego. (Andrés Monteagudo, 1º Bac.) |
Vou facer unha petición: recordádeme polo que tiven falado non polo que tiven calado, (que non é que fora moito). (Araceli Domínguez, 1º Bac.) |
Sei que a moitos non lles gustou o que en vida fixen mais que eses garden un mal recordo significa que estiven ben. (Tamara Ouviña Paisal, 1º Bac.) |
O día que eu morra bailade sen parar na miña tumba así recordarei o meu fogar e aos meus queridos ruidosos veciños de arriba. (Daniel Romano Gude, 1º Bac.) |
Non choredes máis, non, por favor, que se fenecín foi só para coñecer a liberdade e tranquilidade absoluta. (Sara Martínez, 1º Bac.) |
Meu ben querido amigo: Aquí estou deitado, eu preferiría estar contigo, mais estaba moi cansado. (Manuel Sobrido Santos, 1º Bac.) |
“Cubrirme de ganas” Petade na porta do meu cuarto sempre que por diante dela pasedes, recordade que o necesito, que vos necesito! Cubrirme de vida, cubrirme de ganas. (José Ramón Vilar Dios, 1º Bac.) |
Deixádeme, non chamedes pola miña ausencia sorride porque agora estarei máis presente ca nunca. Non me molestedes máis, xa non é necesario. Sabédelo. Seino. (Paloma Bande, 1º Bac.) |
Cada vez que pasedes polo meu carón cuspídeme para facerme sentir vivo, loitade para conseguir a liberdade e así poderei descansar tranquilo. (Mary González Sobrido, 1º Bac.) |
Non foi unha vida tan boa, como para chorar por ela. Non foi un home tan bo, como para chorar por el. Se chorades, chorade polo mármore que xace aquí estragado. (José, 1º Bac.) |
“Sempre viva” Pasade pola miña tumba, mandádeme sinais de vida, e coa vosa axuda sentireime sempre viva. (Sabela Recamán Penada, 1º Bac.) |
Pisade forte onde eu caia cando pasedes polo lugar onde caín dándome así forza para poder levantarme e vivir. (Juan José Álvarez Vázquez, 1º Bac.) |
Dádeme uns sinais de felicidade xa que daquela non a puiden recibir, non me importa a dor nin a frialdade o único que desexo é en paz durmir. (Cristian Torres Sampedro, 1º Bac.) |
Teño que partir aquí non podo vivir, deixádeme ir que aquí non podo seguir. (Rubén Fernández Ayaso, 1º Bac.) |
Xa que non podo vivir para sempre, mantédeme vivo polo menos na vosa memoria, só recordádeme como fun, o que fixen, para ben ou para mal, só facédeo. (Marco Antonio Romay Brión, 1º Bac.) |
Poderás facerme o que queiras cando eu estea alí abaixo sen facer nada, aínda que estea alí indefenso, sei que ti nunca poderás facerme dano, porque eu xa non sinto nada, e pouco a pouco ti morrerás da impotencia xa que son inalcanzable para ti. (Ronald Luna Bonoso, 1º Bac.) |