Arquivos mensuais: Marzo 2011

Xa é primavera no IES Leliadoura

Despois destes días de choiva, o noso xardín quedou máis bonito se cabe.

Pero aínda se ven imaxes así:

O Equipo de Biblioteca e a Dirección estamos traballando nunha campaña de concienciación sobre a necesidade de coidar o material común e o entorno. Como sabedes xa se comenzou hai unhas semanas, e empezouse dentro do centro. Vanse notando os cambios, tanto que ata os productos de limpeza estanse a tranformar en flores (incluso enriba dunha porta destrozada).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En conxunto coas titorías, tamén xa comenzamos a limpar o patio, xardíns, …., é dicir, a zona exterior. É unha tarefa de todos e todas e é necesario para que todos nós tomemos conciencia da  importancia de ter un entorno limpo e agradable.

Merece a pena, non?

Fagamos o posible para non tranformarnos como o protagonista da seguinte curtametraxe   (pincha aquí e verás unha curtametraxe titulada Container)

Advertisements

7 Comentarios

Arquivado en Xeral

Rafting no río Ulla

Hoxe, xoves 31 de marzo, alumnos do IES Leliadoura (2º e 3º da ESO e PCPI) participaron nunha actividade de rafting no río Ulla. No descenso do río e, alternando entre rápidos e augas máis tranquilas, houbo chapuzóns, saltos e mesmo abordaxes, pero sobre todo moita diversión. O sol acompañou neste día primaveral e, unha vez fora do río, o grupo parou a comer en Padrón antes de voltar de novo a Ribeira.

Rafting no río Ulla

A actividade, contratada coa empresa Arrepións, foi organizada polo profesor de educación física Manolo Axeitos, ao que acompañaron os tamén profes Alicia Rodríguez, Óscar Núñez e Jeremy Dickinson.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Fotos, Vídeos

Reunións do Club de Lectura Leriadouro para o mes de abril

As datas para as próximas reunións quedan como siguen:

11 de abril para 2º, 3 e 4º ESO

13 de abril para 1º ESO

Os libros son os seguintes (non é obrigatorio traelos lidos nestas reunións):

EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA de Jordi Sierra i Fabra para o grupo de alumnos de 1º ESO

A profesora de lingua, Soledad, está farta de que os seus alumnos non se esforcen en clase. A súa desesperación chegou a tal límite, que lles comunica unha seria noticia: antes de acabar o día, asasinará a un deles, se non conseguen detela antes.
Aos alumnos vailles a vida niso, así que non perderán un só segundo. A procura comezou…

REBELDES de   Susan E. Hinton para o resto do alumnado

As pelexas rueiras entre bandas rivais desencadean tal violencia, que moitas terminan de forma tráxica. Os conflitos familiares, a marxinación, a ausencia de futuro… levan a algúns mozos a buscar na rúa e no grupo o que non atopan en casa. Pero sempre queda un escintileo de esperanza.

A continuación vou poñer algunhas opinións que atopei por  internet de  lectores do libro.

“Es un libro que me gustó mucho, ya que cuando lo estaba leyendo, yo me sentía como que formaba parte de la cuadrilla protagonista de la acción, así que cuando pasaba algo, yo lo sentía como personalmente mío.”

“Non  me gusta moito ler pero rebeldes é dos poucos libros que lin e encantoume. Linno dúas veces e sei que haberá  unha terceira porque  é un libro magnífico, recoméndollo  a todas as persoas.”

“Hola, la verdad es que es mi libro favorito. No lo digo por cumplir, pero es un libro que cuento algo en lo que me siento parte… Soy del País Vasco, y aquí tenemos una situacion parecida… me lo he leído más de 8 veces, y no me aburre… y lloro siempre al final… es una joya, y la escritora lo escribió cuando sólo tenía 17 años… creo que está basada en algo que pasó de verdad… ”  Jon (Bilbao) 15 años

“Tengo 16 años y me leí este libro ya que había oído a una amiga comentar que ella se emocionó mucho cuando lo leyó.
El libro es genial, a mí me ha gustado bastante aunque puede que los 2 primeros capítulos no sean muy interesantes coge un buen ritmo enseguida.
Muy tiernos en el fondo aquellos greasers…”

“Una cosa que me llamó atención: la autora de Rebeldes escribió este libro con sólo dieciséis años; yo pienso que, por su cercana edad a los lectores que normalmente leerán este libro, llega más a ellos, porque: ¿quién mejor para redactar un libro de adolescentes que uno de ellos?”

“Leí este libro cuando tenía 15 años yme emocioné tanto con él que me propuse no juzgar jamás alos demás por su apariencia. Es un libro tierno, auténtico y que la autora escribió cuando contaba 16 años. Sencilamente precioso.”

“Hola. “Rebeldes” es una auténtica maravilla, tanto el libro como la peli, y pienso que deberían ponerla en el cine y sacarla en vídeo porque según creo es muy difícil conseguirla.  “Rebeldes” me tiene enganchada, me lo he leído más de 3 veces y nunca me canso. Es muy emocionante y conmovedor, es una obra maestra.”

Estaría ben se vos tamén facedes comentarios das lecturas propostas e tamén de libros ou pelis que vos gustasen, ou non, no apartado de CLUB DE LECTURA, en SUXERENCIAS, ou nos comentarios deste artigo. Se o facedes nos comentarios doutros, é moi difícil que ninguén os lea.

Grazas

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Darío Xoan Cabana

O escritor galego Darío Xoan Cabana saúda aos rapaces e rapazas do Club de Lectura do IES Leliadoura organizado polo equipo da Biblioteca.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Club de lectura LERIADOURO, Vídeos

Reunións do Club de lectura Leriadouro

Os dous grupos do Club de lectura Leriadouro reuníronse de novo os pasados 23 e 28 de febreiro esta vez para falar do libro AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL de Darío Xohán Cabana.

Así que, despois de xantar, demos comezo ás actividades. Primeiro proxectamos un vídeo que o autor tivo a amabilidade de enviarnos cun saúdo especial para os membros do club, e onde nos falou un pouquiño do libro; e por se fora pouco, ofreceuse a vir algún día para que poidamos preguntarlle ou comentar cousas referentes á súa obra. Todo un luxo!

Este vídeo foi seguido da lectura dunha biografía do autor escrita polo propio Darío e  logo comentamos algún aspectos do libro, demos as nosas opinións, fixemos una lectura dramatizada de algún fragmento  e proxectamos una inxeniosa e colorista presentación Power Point feita por unha compañeira, na que se  mostraba a gran variedade de Príncipes Azuis coa que estamos familiarizados a través da literatura, do cine, e tamén da realidade; e na que se presentaban cuestións que logo levamos a debater.

Despois desta presentación, e coa intención de organizar o pequeno debate do que xa falamos, dividímonos en grupos de 4 ou 5 persoas para falar de catro temas tratados no libro e que titulamos: Metas Vitais, Os Roles,  A Maternidade/Paternidade, Tipos de Goberno.

Por último, fixemos un xogo no que a partir dos datos dos tejuelos  de determinados  libros que hai na Biblioteca, tiñamos que ordenar e completar uns pequenos textos relacionados con eses catro temas  debatidos.

E como premio, comemos un auténtico Pastel Real de galletas Príncipe, chocolate e fresas . Un postre de fábula!!!

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Orgullosos/as do galegos

É  moi triste que todavía se escoiten cousas como as que escoitaredes e veredes ao premer no ollo.


4 Comentarios

Arquivado en Xeral

Reunión Club de Lectura do mes de marzo

No Club de Lectura xeral, como decidín chamalo, temos a seguinte reunión o día 24 de marzo, e como sempre ás 20:30, na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza, piso superior)

O libro é SETE PALABRAS de Suso de Toro

SETE PALABRAS é unha narración emotiva e cativadora que discorre polo indefinido linde entre a biografía e a ficción. Entrecruzando con acerto distintos xéneros e as notas tráxicas coas de humor, Suso de Touro bríndanos unha obra literaria de múltiples facetas. Un relato de viaxes, tanto físico como íntimo todo ó máis profundo do ser, en busca da identidade familiar e do propio acougo. Unha narración de intrigas e misterios; un monólogo infestado de reflexións metaliterarias; unha novela da memoria, persoal e colectiva, que enxalza aos desherdados da terra de onte e de hoxe. Un relato de familia en suma, tramado coas vimbias da mellor tradición literaria, no que subxacen o peso da ausencia e do abandono, do amor paterno-filial coas resonancias bíblicas das Sete Palabras.

Cabe resaltar que contaremos coa asistencia do autor, Suso de Toro,  na reunión.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017