Arquivos mensuais: Novembro 2011

Reunión do Club de Lectura Leriadouro

Como temos  apuntados 48 alumnos, decidimos facer as primeiras reunións do seguinte xeito:

  • 1º de ESO A, B e C e 2º ESO A o luns 28 de novembro de 14:00 a 15:30
  • 2º ESO B e C, 3º e 4º de ESO o mércores 30 de novembro de 14:00 a 15:30

A composición dos grupos poden cambiar segundo as lecturas escollidas, pero diso xa falaremos nas reunións.

Non vos esquezades de traer comida ou reservar bocata o día que vos quededes!

 

3 Comentarios

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión de novembro do club de lectura común

O xoves día 24 de novembro as 20:30 como ven sendo habitual dende fai dous anos, teremos a reunión do club de lectura común, o organizado polas Bibliotecas e ANPAs do IES Leliadoura  e IES Número 1, na sede do  Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza)

O libro nesta ocasión é Esclavas del poder de Lydia Cacho

Enorme traballo de recompilación e investigación efectuado durante cinco anos pola xornalista e escritora Lydia Cacho, recollendo diversos testemuños de persoas que se viron involucradas na trata de nenas e mulleres, fenómeno en alza que a través das redes do crime organizado fixeron do roubar, comprar e escravizar mulleres de calquera idade no mundo subdesenvolvido para convertelas en obxectos sexuais, un dos negocios máis lucrativos xunto ao tráfico de armas e de drogas.

Se vos interesa o tema recomendámosvos a película Trade que tamén temos na biblioteca 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Tim Bowling. There was a man …..

who had no luck, no luck at all. Everything he did went wrong. Eventually he decided to go to find God, to ask Him why he had no luck and so he set out his journey. On his way he came to a river and beside it there sat a wolf, which was painfully thin and weak. As the man passed the wolf called to him in a feeble voice, “Man, man, where are you going?”

“I’m going to go and find God to ask Him why I’ve got no luck”, he answered brightly.

“Man,” whimpered the wolf, “if you find God, can you ask Him why I’m so thin and weak, and what I can do about it?”

Se queredes saber como acaba este conto podedes facelo visitando a biblioteca porque temos dous exemplares de Seeds on te Wind, un libro de contos tradicionais escollidos e narrados por Tim Bowley.

Tim Bowley é un narrador de fama internacional que nos visita periódicamente. En conxunto con Charo Pita visitounos a semana pasada. Charo fai a traducción simultánea dos seus contos ao galego e ambos deléitanos con historias máxicas, divertidas e outras non tanto pero belísimas. Tamén tivemos a sorte de escoitar a marabillosa voz de Charo cantando unha canción tradicional esquimal, facendo a banda sonora dun conto tradicional deste pobo.

Por suposto, como en todas as súas visitas, tamén poidemos interactuar nalgunha das historias, sentíndonos piratas, sereas ou gaivotas por uns intres.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para aqueles que todavía non dominedes o inglés, dicirvos que o libro  Seeds on te Wind, está en edición bilingüe en castelán.

1 comentario

Arquivado en Actividades