Arquivos mensuais: Febreiro 2015

Reunión Club de Lectura Leriadouro

Tal como determinamos na última reunión, a nova xuntanza será o luns 2 de marzo ao mediodía coma sempre. O libro é A neta do señor Linh de Philippe Claudel. Na biblioteca temos exemplares en galego e en castelá.

la-nieta-del-senor-linh978849286605

 

 

 

 

 

 

 

 

A neta do señor Linh. Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas. O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión do club de lectura común do mes de febreiro

A reunion será o vxoves 26 de febreiro ás 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza).

O libro deste mes é los-surcos-del-azar2

A través dos recordos de Miguel Ruiz, republicano español exiliado en Francia, Paco Roca reconstrúe a historia de La Nueve, unha compañía ás ordes do capitán Dronne integrada na segunda división blindada do xeneral Leclerc, e formada maioritariamente por republicanos españois. Unha historia apaixonante e esquecida sobre a contribución española na Segunda Guerra Mundial.
Premio Zona Cómic ao mellor cómic nacional de 2013
Gran Premio Romics. Roma 2014
Premio á mellor obra de autor español no Saló Internacional del Cómic de Barcelona 2014
Premio da Crítica 2014 á mellor obra nacional
Premio da Crítica 2014 ao mellor guionista nacional
Finalista ao Premio Libro do Ano concedido polo Gremio de Libreiros de Madrid

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Non te esquezas de que o día 6 de febreiro

remata o prazo para a entrega do formulario dOLYMPUS DIGITAL CAMERAa OLYMPUS DIGITAL CAMERAparticipación de Libriaxeiros pola paz

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

uxiapaz1-copia-2-e1422990974460

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Libriaxa con nós