Arquivos mensuais: Outubro 2016

AÍNDA NON TE ANOTACHES AO CLUB DE LECTURA?

     Xa somos 24 os membros do club. Imos ter as primeiras reunións en próximas datas para comezar a preparar as actividades do LERIADOURO para este curso.

Aínda non te anotaches? Estás interesad@? Botámosche de menos!

Pásate pola biblioteca para anotarte.

8032910457_e85dddd95f_b

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Proxecto Club de Lectura 2016-2017

Presentámosvos o noso proxecto de Club de Lectura para este curso 2016-2017. No seguinte documento poderás consultar as súas normas de funcionamento, os días nos que nos imos reunir, as actividades que faremos e tamén os proxectos de colaboración con outros clubes de lectura que temos previstas.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Proxecto “REFÚXIATE NOS LIBROS”

Como xa vistes en artigos anteriores o noso proxecto para este curso chámase “REFÚXIATE NOS LIBROS”. Agora imos contarvos un pouco máis polo miúdo de que trata.

O noso obxectivo é tratar o tema dos refuxiados e dos emigrantes dende o punto de vista do material que podes atopar na biblioteca. Para iso imos organizar conferencias, proxeccións de audiovisuais e traballos de investigación e exposicións. Actividades coas que todo o alumnado poida achegarse máis ao coñecemento dun tema que atopaos tódolos días nos medios de comunicación.

Das actividades que vaiamos organizando en colaboración coa vicedirección irémosvos informando neste blog. Estade atentos.

Ademais este ano xa comezamos o proxecto de HORA DE LER. Vai dirixido ao alumnado de 1º e 2º de ESO quen neste curso baixará unha hora a semana á biblioteca para coñecer mellor o seu funcioamento e realizar lecturas individuais, ou tamén en conxunto se así o queren. No primeiro trimestre desenvolverase os luns, no 2º os martes e no último os mércores. Esperamos que vos guste e xa nos contaredes as vosas opinións.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

O IES LELIADOURA COLABORA CON SOLIDARIDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI

Como iredes vendo ao longo do curso o equipo de Biblioteca do IES Leliadoura preparaou este ano un proxecto chamado “Refúxiate nos libros” para concienciar a todos/as a través do mundo das lecturas e dos audiovisuais sobre a problemática dos refuxiados e de todas aquelas persoas que tiveron que emigrar.

Agora en colaboración coa Vicedirección do centro decidimos axudar á asociación de Solidaridade co Pobo Saharaui na recollida de roupa e calzado.  Anímate a colaborar con nós!!saharacartel

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar