Arquivos mensuais: Xaneiro 2018

CONCURSO POMBAS POLA PAZ

Un ano máis no Leliadoura celebramos o Día Mundial da Paz cun concurso. Este ano quixemos construir un muro pola paz no que todos podemos deixar a nosa paisaxe e ademais creamos un espazo cheo de lemas en favor da paz e con pombas c¡que levan os nomes de personaxes que se significaron ao longo das súas vidas na loita pola paz. velaiquí tedes as bases do concurso no que podedes participar desde hoxe e ata o vindeiro mércores día 7.

BASES DO CONCURSO

  • O obxectivo do concurso “POMBAS POLA PAZ” é promover a celebración do Día Internacional da Paz entre a comunidade educativa do IES LELIADOURA a partires do proxecto da biblioteca do centro para este curso
  • Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES LELIADOURA.
  • Para participar deberán recoller na conserxería as follas do concurso, nas que aparecen un listado de personaxes, datos acerca da súa vida ou actividade e frases que dixeron sobre a paz. Na resposta haberá que enlazar correctamente os elementos das seis columnas: ó lado de cada frase e de cada dato e de cada nome de autor hai que poñer o número da pomba onde figura o nome do personaxe a quen correspondan.
  • Na parte superior da folla de participación hai que indicar o nome, apelidos, curso e grupo.
  • Só pode entregarse unha folla de participación por persoa.
  • A folla de participación introducirase no buzón que estará colocado en conserxería.
  • O prazo de entrega rematará ás 14:30 do mércores día 7 de febreiro.
  • Polos corredores do instituto estarán colgadas pombas numeradas con nomes de personaxes de diferentes ámbitos da cultura e da historia e citas relacionadas coa paz que algúns deles dixeron. ATENCIÓN: Algunhas citas corresponden ao mesmo autor.
  • Estableceranse dúas categorías para os premios:
    • Categoría A: 1º ciclo de ESO.
    • Categoría B: 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
  • Os gañadores daranse a coñecer nun listado que se publicará a partires das 12:00 horas do venres día 9 de febreiro. Os premios entregaranse no ximnasio ao final do festival de entroido o venres día 9 de febreiro.
  • Haberá un único gañador/a por categoría. De haber máis acertantes en cada categoría farase un sorteo entre eles para decidir quén é o gañador/a.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

VIDA. MÁIS CA VIDA

O alumnado de 2 da ESO do IES Leliadoura de Ribeira tivo o pracer de  participar na proxección da curtametraxe “Vida. Máis ca vida”, de Rubén Riós,o pasado 10 de xaneiro,no Auditorio Abanca de Santiago,organizado pola Fundación.
Neste acto  tivemos a oportunidade de ver o “making off”,o documenral sobre o proceso,un fermoso relato que narra como chega cada un dos personaxes a ser protagonista da historia,despois a curta  “Vida”e posteriormente un debate ,cheo de  reflexións interesantes sobre a importancia dos valores humanos.
Nunha época difícil para poñerse no lugar do outro,con moitas contradiccións, faise quizáis máis urxente e delicada tarefa da sensibilización en moitos ámbitos,especialmente no educativo.
Dende que fai máis dun mes decidíramos aceptar unha   invitación que nos chegaba  por correo,puxémonos a traballar dende  a área de Lingua Castelá,a Biblioteca,implicando tamén ás titorías, na concienciación da diversidade,no respecto ás diferenzas,na  existencia de ritmos diversos ,na aceptación de distintas realidades ,no traballo conxunto,na necesidade de crer no outro…todo o que nos enriquece como seres humanos.O proxecto Vida é un instrumento pedagóxico realista e sincero para a sensibilización e a comprensión do mundo das capacidades diversas, favorecendo a empatía,facendo ollar  o invisible; por medio da identificación cos  protagonistas,Pablo e Elena ,que previamente os rapaces coñecen,  puidendo reflexionar desde un enfoque  realista,valente e pensado para valorar a comprensión ,a interacción entre iguais.Gustounos que non se buscase a compaixón do espectador,combinando sempre  as dúas perspectivas narrativas,a dos actores profesionais e a dos afeccionados,con todo o esforzo engadido que implica a consecución desa  meta nalgúns casos e por suposto,a valoración do esforzo,o feito de que a debilidade non poda coas circunstancias,

Este proxecto obtivo premios como mellor curta no Festival Primavera de Vigo ou o Antonio Cerrillo aos valores humanos na semana de Cine Corto Sonseca, entre outros.

Antes da proxección, o actor e director Rubén Riós fixo unha introdución na que explicou aos rapaces dos distintos centros de ensino as razóns polas que se implicou neste proxecto. Ao finalizar a curta, adicou un tempo a responder ás preguntas no debate,dun xeito emotivo e cercano, chegando aos sentimentos das persoas,transmitindo que se  estás convencido podes cumplir as túas metas ,se cren e cres en ti…todo é posible.
Resultounos especialmente emotivo o feito de que Rubén,o director,amosase moito cariño e cercanía co noso querido alumno Martín,que aportou a súa visión dende a súa discapacidade  física, por causa dun accidente na infancia..Moitas grazas  por esta experiencia.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar