Arquivos mensuais: Febreiro 2014

Cambio da data do club de lectura común

A reunión con María Reimóndez que estaba prevista para o xoves 27 de febreiro,  adiántase unha semana por motivos de axenda.  É dicir, a reunión será o vindeiro xoves 20 de febreiro.

unnamed

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Club de lectura Leriadouro

A próxima reunión será o luns día 10 de marzo. Tal como falamos, temos varios libros para escoller, todos sobre o mesmo tema:  Diario de Ana Frank, Cando Hitler roubou o coello rosa de Judith Kerr e O neno do pixama a raias de John Boyne.

Dos tres libros temos exemplares na biblioteca tanto en galego como en castelán. Vós podedes escoller o que prefirades.

Para a biblio 2013-14

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

En vias de extinción de María Reimóndez

O  xoves 27 de febreiro ás 20:30 teremos a reunión do club de lectura común do mes. Será coma sempre na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza) e contaremos coa presenza da autora.

2+8

Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante.Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.

NOTA

A autora, María Reimóndez estreou unha web sobre a súa  novelaEn vías de extinción. A web ofrece información sobre a novela, os personaxesa autoraespazos para deixar opinións, etc., e recolle información sobre as recensións críticas que se publiquen

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

UN MAR DE POMBAS

Diapositiva1

BASES DO CONCURSO

1) O obxectivo do concurso “LENDO A MARES”é promover a celebración do Día Internacional da Paz entre a comunidade educativa do IES LELIADOURA a partires do proxecto da biblioteca do centro para este curso: LENDO A MARES.
2) Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES LELIADOURA.
3) Para participar deberán recoller na consexería as follas do concurso, nas que aparecen un listado de persoaxes, datos acerca da súa vida ou actividade e frases que dixeron sobre a paz.;. Na resposta haberá que enlazar correctamente os elementos das seis columnas: ó lado de cada frase e de cada dato e de cada nome de autor hai que poñer o número da pomba onde figura o nome do personaxe a quen correspondan.
4) Na parte superior da folla de participación hai que indicar o nome, apelidos, curso e grupo.
5) Só pode entregarse unha folla de participación por persoa.
6) A folla de participación introducirase no buzón que estará colocado en conserxería.
7) O prazo de entrega rematará ás 14:30 do venres día 7 de febreiro.
8) Polos corredores do instituto estarán colgadas pombas numeradas con nomes de personaxes de diferentes ámbitos da cultura e da historia e citas relacionadas coa paz que algúns deles dixeron. ATENCIÓN: Algunhas citas corresponden ao mesmo autor. Hai personaxes que non teñen cita.
9) Estableceranse dúas categorías para os premios:
– Categoría A: 1º ciclo de ESO.
– Categoría B: 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
10) Os gañadores daranse a coñecer nun listado que se publicará a partires das 12:00 horas do luns día 13 de febreiro. Os premios entregaranse na Biblioteca o martes día 14 de febreiro.
11) Haberá un único gañador por categoría. De haber máis acertantes en cada categoría farase un sorteo entre eles para decidir quén é o gañador.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

http://prezi.com/tafjiu91ixng/paz-2014/

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Lendo a mares