Arquivos mensuais: Outubro 2017

RECIBIMOS UNHA DOAZÓN DE LIBROS

A finais do pasado curso a nosa biblioteca recibiu unha doazón de libros que formaban parte da colección particular de Carmen Somosierra. Grazas a ela poidemos incrementar os nosos fondos, sobre todo no que respecta a literatura de novela negra en castelán.

Xa están a disposición para que  todos os usuari@s  os poidan levar emprestados. Hai unha gran variedade de títulos e autores, así que animádevos a pasar pola biblio e botarlle unha ollada.

Grazas Carmen por esta doazón!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

COMO É A NOSA BIBLIO?

Imos presentarvos uns planos da nosa biblioteca en 3D para que poidades coñecela mellor.

Como veredes hai diferentes cores segundo as estanterías que siguen o patrón establecido pola CDU que empregamos nas bibliotecas.

Proximamente teremos na biblioteca uns carteis que facilitarán a comprensión de que representa cada unha das cores.

Esperamos que vos sirvan de axuda para movermos polo espazo da nosa biblioteca e para os que aínda non a coñecedes vos animedes a darnos unha visita.


Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

A BIBLIO É PURO TEATRO

Ola a tod@s!!

Queremos darvos a benvida ao novo curso 2017-2018 e presentarvos o noso novo proxecto de traballo para este ano.

Xa poidestes adiviñar que o título é A BIBLIO É PURO TEATRO. Así que tamén poderedes supoñer que as actividades que imos propoñer este curso desde o equipo de biblioteca van estar centradas no mundo do teatro. Imos facelo desde todos os puntos de vista: asistir a obras de teatro, exposición de textos teatrais, concursos sobre teatro, representacións teatrais propias…en fin que este curso a nosa biblio vai ser puro teatro!!!!!

Xa vos iremos contando.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar