Para celebrar o Día Internacional da Muller, este 8 de marzo puxemos en marcha un concurso para conmemorar esta data. Nos corredores do centro podedes atopar carteis con retratos de mulleres que destacaron no mundo da ciencia, da arte, da literatura, da política…e frases que elas pronunciaron. para participar teredes que emparellar as frases coas súas autoras. Aquí vos presentamos o concurso e deixamos tamén as bases para que vos animedes a participar.