Ola!
Estamos preparando as actividades que imos desenvolver ao redor do 25 de novembro, data na que concentramos todos os esforzos na loita contra a violencia de xénero, pero loita que temos que levar a cabo todos os outros días do ano.
Para contribuír ás múltiples actividades que imos desenvolver no noso centro, a equipa de biblioteca estamos preparando tamén unha exposición cos nosos fondos bibliográficos e multimedia que tratan sobre o tema.
Ademais o Club Leriadouro tamén vai adicar a xuntanza deste mes, que xusto coincide co día 25, para facer lecturas conxuntas, debates e ver unha curta relacionada coa loita contra a violencia machista. Podes ver unha información máis detallada sobre o que teñen previsto @s Leriadour@s pinchando neste enlace .
Desde este blog tamén iremos detallando e contándovos todas as actividades que vaiamos programando e desenvolvendo.