Neste mes, a reunión non será un xoves como temos costume. Como queriamos contar coa participación do autor do libro, pospúxose para o venres día 31.
O libro é Todo OK de Diego Ameixeiras e aquí tedes o cartaz.
Neste mes, a reunión non será un xoves como temos costume. Como queriamos contar coa participación do autor do libro, pospúxose para o venres día 31.
O libro é Todo OK de Diego Ameixeiras e aquí tedes o cartaz.
Arquivado en Club de lectura 2016-2017
A pasada semana tivemos unha actividade en conxunto coa LIBRERÍA AENEA.
Pasaron todos os grupos pola biblioteca e durante uns 20 minutos cada grupo, viron, ollaron, manosearon os libros e escoitaron as magníficas explicacións de Lola, a dona da librería.
Tiñamos moitas ganas de mercalo todo, pero como non puido ser así, limitámonos a unhas das moitas suxestións do alumnado e do profesorado. Aínda así non nos limitamos tanto porque que hai moitísimas novidades.
Visita a biblioteca e descúbrea!
Sabes que podes levar ata tres libros ou películas e se estás no club de lectura ata catro.
Non terás que copiar na man eses versos que che gustaron, ….. ou si.
Arquivado en Actividades
Este luns 6 da maio correspondemos á invitación dos Laretas de Serra de Outes facéndolles a nosa visita.
e dende alí en bus ata o centro onde ás 13:40 estaban a esperarnos. Visitamos o centro e vimos a súa exposición sobre viaxes onde atopamos dende guías a souvenirs pasando, entre outros, por postais, billetes e moedas de diversos países.
Cando o alumnado saíu das clases reunímonos para xantar xuntos. Logo voltamos a reunirnos na biblioteca (agora na súa, claro) para seguir falando de que como vivimos a experiencia de pertencer a un club de lectura e sobre as nosas lecturas favoritas neste curso e dalgunha proposta nova con respecto a nosa reunión anterior.
Só tivemos que lamentar que o tempo non fose o máis adecuado porque visitamos Pontenafonso, o roteiro Añón e a praia de Broña dende o autobús porque chovía moito. No Pazo do Tambre poidemos polo menos baixar do autobús e visitar o pazo por dentro e algo dos xardíns. Quedamos con ganas de volver, aínda que sexa pola nosa conta, a facer eses percorridos a pé porque nos gustaron moito.
Todos quedamos moi contentos desta experiencia común onde cabe resaltar a gran amabilidade co que fomos acollidos (aínda que resaltable foi todo).
MOITAS GRAZAS!!!!!
Arquivado en Club de lectura LERIADOURO