Arquivo da categoría: TIC

Taller TIC

O Taller TIC é un traballo que, dende hai máis dun mes, levan a cabo os alumnos de 1º curso do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) do IES Leliadoura, e que agora queremos presentarvos.Estamos afeitos a unha imaxe externa das computadoras que usamos nas nosas casas, no colexio, etc… e  posiblemente poucos tiveron a oportunidade de ver os compoñentes que as forman.
Para iso, os alumnos de ASIR despezaron os ordenadores e clasificaron o material de xeito que se poda observar o interior desta máquina tan común para todos dun xeito diferente e quizáis descoñecido para moitos.
Na apartado da exposición pódense atopar vellos discos duros, fontes de alimentación, disqueteiras, lectoras, placas base, tarxetas e todo tipo de compoñentes que forman parte dos equipos informáticos.

Consulta o programa das visitas! (Taller TIC – Programa)

Bótalle un ollo ao vídeo resumo das primeiras experiencias:

Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Actividades, TIC