Arquivos mensuais: Maio 2011

Atención lectores e lectoras do club Leriadouro

Cámbianse as datas das reunións porque unha delas coincide cunha excursión. As retrasamos unha semana, é dicir, 2º ESO reunirase o luns 30 de maio e 1º de ESO o mércores 1 de xuño.

Recordade que hai que traer os libros lidos, reflexionade sobre o que é un club de lectura. É lóxico lelos, nonsí?

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión do club de lectura común

O próximo xoves 19 de maio ás 20:30, como xa levamos facendo dende o ano pasado, teremos a reunión do Club de Lectura na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza).

Comentaremos o libro VIDAS EXEMPLARES de  Uxía Casal.

Este libro recolle vinte e un intensos relatos de medo e intriga, protagonizados por seres tan extraordinarios como trastornados. Un libro, escrito na mellor tradición dos clásicos do xénero de terror, que deita a súa mirada con ironía sobre os espazos máis escuros de vidas exemplares.

Nesta obra nos fala de Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportable… Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desque alí apareceu o corpo de dona Arminda… Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres… Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa… A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa

  Contaremos coa presenza da autora.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Reunións club de lectura Leriadouro

As próximas reunións serán:

Luns 23 de maio 2º de ESO

Mércores 25 de maio 1º ESO

É obrigatorio traer os libros lidos nestas reunións.

1 comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO