Arquivos mensuais: Xuño 2012

David Rubín

visitounos o pasado xoves 21 de xuño. Pola mañán na biblioteca e pola tarde no Ateneo Valle-Inclán.

Ambas foron charlas interesantísimas sobre a súa obra, desde os  seus comenzos ata as súas últimas obras, como El Héroe, libro nos que nos centramos no club de lectura común.

Máis que facer comentarios, mostrarivos algunha fotos dos actos e o enlace ao seu blog:  de tripas corazón  onde  descubriredes o seu bo facer.

Dedicounos os libros que temos e regalounos algún que outro debuxo feito alí. Se tedes curiosidade en ver como o fai nun intre pinchade aquí

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Club de lectura 2016-2017, Club de lectura LERIADOURO

O Principiño volta ao seu planeta

pero sen antes despedirse do alumnado das escolas infantís da Pobra que colaboraron na marabillosa exposición que se realizou sobre a obra de Saint-Exupéry.

Quen non visitou a biblioteca para ver a exposición de O Principiño arredor do mundo pertencente a Carlos Casares? Bueno, a colección de libros e os paneis pertencen a súa colección particular pero todo o demais e obra dos artistas dos Leliadoura (profes incluídas).

A vedade e que non informamos desde o blog da biblioteca de case nada o ocurrido neste curso, pero se seguides o blog do instituto alí teredes máis información.

Pois ao que iba, o que veredes a continuación é unha pequena reportaxe sobre o acontecido a mañá en que nos visitaron os nenos de infantil, que foron agasallados coas marabillosas representacións que xa vimos na biblioteca co motivo da semana cultural.

Isto foi:
– Versión de “O principiño” para monicreques, realizado por alumnos de 4º de ESO e coordinados pola profesora de Lingua castelá, Mercedes Solla.
– Mostra de curtas de animación realizados por alumnos de 4º de ESO , dirixidos por Pura Villar.
– Versión dramatizada de “O Principiño” dos alumnos de 2º de ESO, coa dirección da profesora de Lingua Castelá, María Infante.

Cando se proxectaron as curtas de animación, escoiteille dicir en voz alta a unha nena a outra: Como me gusta!

A todos e a todas encantounos! Noraboa, sodes uns artistas!!!!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

David Rubín no Leliadoura e no club de lectura

David Rubín visitaranos o vindeiro xoves 21 de xuño na biblioteca do noso centro a partir das 12 da mañán, pero tamén o fará na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza), ás 20:30.

No club de lectura comentaremos a que é ata agora a súa última obra:  El Héroe (parte 1)

   El Héroe é un cómic que adapta moi libremente o mito dos doce traballos de Heracles (máis coñecido quizais pola súa “versión” romana, Hércules), situando a acción nunha época fantástica indeterminada, que mestura pasado con presente e elementos de ciencia-ficción.

É un cómic superheroico sen mallas, capas ou máscaras de brillantes cores, pero que mostra a unha icona popular desde unha perspectiva máis humana, que o fai máis vulnerable, cunha trama que está poboada tamén de multitude de personaxes mitolóxicos, de Euristeo a Hera, pasando polo barqueiro Caronte, entre moitos outros, todos eles reseteados, tratados e mostrados desde unha óptica diferente ao visto ata agora.

Hai espazo para longas secuencias de acción, que xa supón de seu un reto porque Rubín evita repetir recursos, experimentando coa planificación e o ritmo de lectura. Devanditas secuencias dinámicas altérnanse con outras máis pausadas, reflexivas e intimistas, que van dando pistas a contagotas dos porqués, das personalidades e da complexidade de cada un dos personaxes que poboan este universo de ficción.

A segunda parte está previsto que saia para outubro.

Na nosa biblioteca temos gran parte da súa obra:

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Club de lectura 2016-2017

Últimas reunións dos Leriadouros neste curso (???????)

A semana pasada tivemos as últimas reunións do club de lectura Leriadouro.

No grupo de 2º, 3º e 4º de ESO tiñamos que levar cada un de nós un libro lido (a maiores dos libros de lectura obrigatoria) e comentalo.

Foron moitos dos que se falou, e de todos nos quedaron gañas de saber máis, porque cada persoa fixo unha resumo e comentario pero deixando a historia se rematar,  sendo todos nós un pouco Sherezade.  Houbo tres  libros que resultaron unhas lecturas un pouco máis “complicadas”, pero nolas recomendaron igualmente.

Ademais como algúns libros os tiñamos lido máis dunha persoa,  foi unha charla moi interesante e amena.

Os libros comentados foron:

  • Sunset Park de Paul Auster
  • Los juegos del hambre de Suzane Collins
  • El valle de los lobos de Laura Gallego
  • La muerte y la vida de Charlie St. Cloud de Ben Sherwood
  • Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra.
  • O neno do pixama a raias de John Boyne
  • La maldición del maestro de Laura Gallego (2ª parte de El valle de los lobos)
  • El pan de la guerra de Deborah Ellis
  • O bosque dos raposos aforcados de Arto Paasilinna
  • Tras do solpor de Haruki Murakami
  • Durmido sobre os espellos de Jordi Sierra i Fabra.
  • O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz
  • Con el agua al cuello de Kostas Jaritos
  • La pista del alfiler de Edgar Wallace
  • Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz
  • Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz

A raíz de falar de Fantasmas de luz, onde o personaxe principal traballaba nun cine, ou de La muerte y la vida de Charlie St. Cloud da cal se fixo a película Siempre a mi lado, da cal partiu o noso lector, acabamos animándonos a planificar sesións de cine para o curso que ven.

Que nos espera despois dos recortes?  Esperemos que moito ánimo, gañas de ler e gozar cunha película e compartir todo isto no club Leriadouro.

Pero °ll° ,  antes de que remate o curso haberá unha sorpresa!!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO